Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aproba o Plan Básico Municipal de San Xoán de Río, que dota ao concello dun instrumento eficaz que garante o desenvolvemento ordenado no concello
A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, informou hoxe ao alcalde, José Miguel Pérez, da aprobación definitiva deste instrumento que permitirá ao municipio ofrecer capacidade de acollida residencial e económica acorde ao seu desenvolvemento
A Xunta conclúe os traballos da nova sinalización semafórica da Ponte Esperela, en Leiro
A nova sinalización completa os traballos de nova iluminación ornamental que a Xunta levou a cabo nesta ponte, cun investimento de 360.000 €
Manuel Pardo lembra que a Xunta ten aberto o prazo da convocatoria de axudas para melloras nas infraestruturas municipais, dotada con 3,5 M€
O delegado territorial explicou que a través desta convocatoria, dirixida aos concellos de menos de 30.000 habitantes e cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 4 de maio, apoiase a execución de obras nas dependencias municipais, en prazas, parques, paseos e rúas, en redes de luz pública e na pavimentación de camiños municipais, entre outras
Xunta e Concello de Poio asinan o convenio para a mellora do estacionamento público na contorna da Ponte da Barca, cun investimento de case 230.000 €
A través do acordo asinado hoxe, abordarase unha intervención de conservación e mellora no estacionamento e viarios adxacentes, para reforzar o papel deste espazo como nó de conexión comercial e urbano, mellorar a experiencia de uso da cidadanía e optimizar a capacidade dos pavimentos
Belén do Campo supervisou a obra de mellora funcional do espazo público viario do núcleo de Camboño realizada ao abeiro do plan Hurbe
A delegada da Xunta informou que a actuación contou cun investimento de preto de 385.000 €
A Xunta reivindica o éxito do programa Fogar Vivo para mobilizar e incentivar a posta no mercado de vivendas baleiras
O secretario xeral sinala que se trata do programa “máis ambicioso en canto a axudas aos propietarios”, ao ofrecer garantías fronte a o impago e danos, establecer prezos accesibles en función das áreas xeográficas e promover contratos de longa duración