Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 37.040 novas da área temática Áreas temáticas:

08/07/2026 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo destaca a axilidade da Xunta na activación dos recursos de emerxencia para atender as incidencias polas riadas do pasado 17 de xuño e na recuperación dos servizos e infraestruturas danados

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes lembra que o Goberno galego continúa a traballar cos concellos para establecer canles de colaboración cos que axudar a sufragar os gastos de reparación dos danos rexistrados 

08/07/2026 | 13:29 | C. do Medio Rural

Medio Rural convoca por primeira vez premios para recoñecer a excelencia do traballo dos criadores de razas bovinas autóctonas ameazadas

A través destes galardóns búscase distinguir a actividade dos gandeiros no proceso de cría de vacas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa

08/07/2026 | 12:56 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo salienta o compromiso da Xunta coa cultura na presentación do concerto Yandel Sinfónico, que chega á Coruña da man dos Concertos do Xacobeo

A delegada da Xunta destacou a aposta do Goberno galego polos grandes eventos musicais musicais e puxo en valor o papel de Concertos do Xacobeo para atraer á comunidade propostas culturais de primeiro nivel baixo o selo de Galicia Calidade 

08/07/2026 | 12:48 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 8,4 M€ a subministración de equipos de infusión con destino aos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde

O expediente inclúe a compra de equipos de infusión de solucións intravenosas e de sangue, sistemas de irrigación urolóxica, chaves con diferentes números de vías, reguladores de fluxo e alongadores venosos e arteriais

08/07/2026 | 12:03 | C. do Mar

A Consellería do Mar investirá máis de 850.000 euros na recuperación de 21 bancos marisqueiros da Confraría de Rianxo

O acordo bilateral, vinculado aos plans de actuación polos episodios de baixa salinidade, permitirá actuar sobre unha superficie de máis de 1,5 M de m2

08/07/2026 | 11:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor os proxectos finais do programa ‘Innovación e Talento Novo’ a prol da colaboración do ecosistema emprendedor co ámbito universitario

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe no ‘Demo Day’ da iniciativa impulsada polo Goberno galego, a plataforma U4impact e as universidades públicas galegas

08/07/2026 | 11:47 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a competición deportiva que acollerá Lugo o domingo dentro do circuíto ‘Games Series Galicia’

O delegado territorial, Alfonso Villares, participou na presentación da proba, que conta con 313 participantes inscritos nas categorías individual e por parellas

08/07/2026 | 11:40 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a formación de preto de 50 mestres de entidades galegas do exterior que difundirán o baile e a música tradicional de Galicia por América e Europa

Desde hoxe ata o 20 de xullo o alumnado de Escolas Abertas —dunha idade media de 35 anos— recibirá formación especializada nas modalidades de baile tradicional galego, canto popular, pandeireta, gaita e percusión e habilidades directivas neste eido

08/07/2026 | 11:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas