Actualidade
Buscador de novas
Villares analiza co sector as medidas de apoio despregadas polo Goberno autonómico ao abeiro do Plan de Competitividade e Sostibilidade 24-25
O titular de Mar resaltou as distintas ordes de axuda postas en marcha pola Consellería que permitiron afondar na sostibililidade presente e futura da actividade marisqueira
A Consellería colabora coa Confraría de Pescadores de Redondela na conservación e restauración ecolóxica dos bancos marisqueiros desta zona
O obxectivo, segundo adiantou o titular de Mar, é garantir a capacidade produtiva destas zonas e así favorecer a súa viabilidade económica, social e ambiental
CETMAR presenta ao sector mexilloeiro os resultados de investigación e as novas ferramentas de apoio á planificación das campañas de recolección de mexilla
O Centro Tecnolóxico do Mar organizou en O Grove o primeiro dos talleres de transferencia previstos no marco do proxecto Capacitamex e dirixido nesta ocasión aos membros da asociación Amegrove
Villares aborda co sector mexilloeiro a necesidade de agrupar a todos os produtores para reforzar o papel de interlocución das súas entidades representativas
Na actualidade na costa galega hai instaladas 3.573 bateas das cales 1.203 non pertencen a ningunha das 45 entidades que agrupan aos produtores de mexillón, diluíndo a voz da actividade miticultora galega
A Xunta pon en valor a terceira edición de Sedexpo como punto de encontro dos sectores de seguridade, defensa e emerxencias
Os conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e do Mar participaron na inauguración do evento, visitaron os expositores e asistiron a un simulacro de rescate levado a cabo entre a Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia e Gardacostas
Villares enxalza o Galicia Fórum Gastronómico como escaparate de excepción dos produtos pesqueiros e da riqueza e sabor da despensa atlántica
O titular de Mar louvou a traxectoria da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, premiada na categoría produtor de Mar, pola contribución destas profesionais ao fornecemento da actividade pesqueira da comunidade
Mar mellora a praza de abastos de Dena converténdoa nun espazo de referencia para o comercio de proximidade vinculado á actividade pesqueira
O departamento autonómico destinou a esta actuación preto de 57.000 euros, consolidando a aposta decidida polo impulso desta zona marítima, na que a Xunta leva investidos máis de 3,4M€ nos últimos anos
Unha empresa galega está construíndo o primeiro buque pesqueiro híbrido de España abrindo o camiño cara a descarbonización da frota
O proxecto Ventura, promovido pola armadora Veraguas, foi presentado no marco da xornada ‘Buques do mañá: Enerxía limpa, tecnoloxía de vangarda e mulleres marcando o camiño- Visión española da frota do século XXI’
A Xunta reivindica a cociña galega como un motor económico e de emprego na apertura do X Galicia Fórum Gastronómico
O evento contou coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que visitou varios dos espazos culinarios participantes nesta nova edición da cita gastronómica
A Unidade de Policía acional adscrita de Galicia levou a cabo o ano pasado máis de 200 denuncias con case unha trintena de persoas investigadas por delitos relacionados co furtivismo
No marco da actividade dos axentes do grupo Erpol e en colaboración coa Consellería do Mar realizáronse en 2024, un total de 711 inspeccións e máis dun cento vehículos en 808 dispositivos