Actualidade
Buscador de novas
Portos de Galicia lembra que catro campañas de análise dos áridos do Lérez ao longo de 15 anos avalan a calidade do material para o seu depósito no mar
José Antonio Álvarez reiterou que a Xunta segue á espera de que o MITECO autorice un punto de vertido para o material que se drague e lembrou que hai dous meses que o Estado conta co informe do CEDEX que sinala como zona prioritaria a que clausurou no 21
Gardacostas de Galicia incauta 6.000 cacharros e nasas de polbo desde o inicio da veda desta especie que ten como finalidade a recuperación do recurso
Desde o pasado mes de abril, cando comezou a parada biolóxica, os operativos despregados por este servizo autonómico permitiu o comiso de 1.287 quilos deste octópodo
Rueda desexa a Marta Villaverde un labor que destaque polo "diálogo coa xente do mar e a capacidade de xestión"
Destaca o seu traballo de todos estes anos en distintos postos do Goberno galego
A Xunta financia novos equipamentos e melloras nas instalacións da Federación Galega de Confrarías
O conselleiro do Mar asinou un acordo coa entidade sectorial que recolle unha achega de 27.000 euros para a mellora da competitividade, fomento e promoción das confrarías de pescadores
A potenciación da remuda xeracional, un dos eixos prioritarios do Decálogo Estratéxico elaborado por Mar en consenso co sector
As axudas contempladas no Plan do Marisqueo e o investimento en formación, entre as iniciativas activadas pola Xunta para contribuír á viabilidade da actividade marisqueira, en aras de facela rendible e atractiva para as xeracións máis novas
CETMAR celebra o Día Mundial dos Océanos cunha campaña participativa de recompilación de palabras relacionadas co mar
“Un Mar de Falas” dará comezo hoxe nos diferentes perfiles do centro en redes sociais co obxectivo de animar á cidadanía a compartir vocabulario mariño
Xunta e Agalcari renovan alianzas para seguir dinamizando o patrimonio marítimo e a carpintería de Ribeira
O conselleiro do Mar e o presidente da asociación asinan o convenio que permita afondar na promoción das embarcacións de madeira e de todo o legado flotante como importante nicho de traballo
A Xunta traslada ao sector o borrador inicial da orde que regularizará e dotará de transparencia a comercialización das coñecidas ‘demasías’
O documento dá continuidade á tramitación iniciada ao inicio deste ano coa modificación da Lei de Confrarías de Pescadores de Galicia para permitir que as confrarías poidan comercializar en primeira venda os excedentes de marisco
A Xunta afirma que Galicia quere estar na primeira poxa de eólica mariña que convoque o Goberno porque, de non facelo, perdería unha oportunidade única
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, interveu hoxe na xornada Enerxías mariñas, unha grande oportunidade para Galicia, organizada por Cluergal