Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita a construción de 24 vivendas de promoción pública no Bertón, en Ferrol, por 6,4 M€
Trátase dun edificio de baixo e tres plantas de altura, con 8 vivendas por planta, que se desenvolverá nunha das parcelas situada na rúa As Constituíntes
A Xunta lembra que a Lei estatal de vivenda achega máis incertezas que confianza ao mercado residencial
García Porto destaca que a Xunta segue mantendo que a declaración de zonas tensionadas “non é unha medida eficaz”, e aposta por dar seguridade xurídica para que os propietarios oferten vivendas en alugueiro e os promotores impulsen desenvolvementos para este fin
Martínez Allegue destaca que a Xunta está a investir 183 M€ na construción de vivendas en Navia, en Vigo, dos que tan só 16 M€ se financian con fondos europeos
Destaca que no marco da Estratexia Galega de Solo Residencial, está en licitación o PIA do Ofimático, no que se prevé desenvolver solo para 2.300 vivendas
A Xunta publica no DOG a declaración de Baiona como novena Área Rexurbe, co obxectivo de dinamizar o seu conxunto histórico artístico e a súa contorna
O ámbito abrangue unha superficie de 160.000 m2, onde están localizados 456 edificios, 797 vivendas e 241 locais comerciais
A Xunta recibe catro ofertas para executar as obras de mellora do firme en 6 estradas autonómicas ao seu paso por 7 concellos da provincia de Ourense, cun investimento de 3 M€
A previsión do departamento de Infraestruturas é executar as obras no vindeiro 2025
A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a construción de 48 vivendas de promoción pública en Valdecorvos, no concello de Pontevedra
Este contrato foi adxudicado por un investimento que rolda os 211.000 euros, e conta cun prazo de execución de tres meses e medio
M. Allegue reivindica o traballo da Xunta en materia de vivenda pública no acto da primeira pedra da ampliación de Navia, en Vigo
O edificio que vén de iniciarse en Navia, de 40 vpp e catro plantas de altura, sitúase no Polígono 1, cuxas obras de urbanización están a executarse e onde hai outros catro inmobles cun total de 123 vpp pendentes de licencia para o inicio das obras