Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 37.040 novas da área temática Áreas temáticas:

07/07/2026 | 16:59 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que a finais deste ano licitaranse as obras de construción do novo polígono de Ribeira

Serán case 260.000 m² de solo industrial que están dentro dos máis de 3,5 millóns de m² que a Xunta está a tramitar na provincia da Coruña

07/07/2026 | 16:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue avanza que a Xunta ampliará en 2 M€ as axudas á compra de vivenda protexida e pide á Cámara consenso para reclamar un Plan Estatal acorde ás necesidades de Galicia

Sinalou que mentres o II Pacto de Vivenda de Galicia 2026-2030 da Xunta está operativo desde o 1 de xaneiro e permitiu convocar todos os programas autonómicos, os fondos do Plan Estatal de Vivenda, a 7 de xullo, non chegaron a ningunha comunidade

07/07/2026 | 16:23 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda salienta que a ampliación de Stolt Sea Farm en Cervo consolida a Galicia como referente da acuicultura tecnolóxica e innovadora

Sinala que a axilidade administrativa e a seguridade xurídica son claves para atraer investimentos estratéxicos á costa da comunidade

07/07/2026 | 16:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O impacto dos investigadores do programa Oportunius da Xunta alcanza os 123 M€

Román Rodríguez destaca na presentación dun informe sobre este programa que é un factor decisivo “para reter e incorporar líderes científicos de primeiro nivel”

07/07/2026 | 15:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta o éxito da segunda edición do programa de mentorización en acción climática, con 37 iniciativas propostas e o dobre de participantes

Para facilitar a comunicación dentro da Alianza Galega polo Clima, a responsable autonómica anuncia a posta en marcha de Comunidade B2B, unha nova ferramenta tecnolóxica para interactuar de xeito directo e dixital cos seus 263 membros

07/07/2026 | 15:51 | C. do Mar

Arranca unha nova edición da campaña 'Cata la lata' de Anfaco-Cytma, apoiada pola Xunta

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, participou na presentación

07/07/2026 | 15:49 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta o labor dos catadores de prestixio que colaboran coa consellería para recoñecer os mellores viños de Galicia

A conselleira María José Gómez mantivo hoxe un encontro cos profesionais que conforman o panel de catas para seleccionar os viños, licores e augardentes gañadores dos premios das Catas de Galicia 2026, que terán lugar o 14 de xullo

07/07/2026 | 15:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta sinala que Galicia suma xa 16 xornadas con avisos por altas temperaturas e rexistrou o segundo mes de xuño máis cálido desde 1961

Ángeles Vázquez explica que aínda que os episodios de calor non son excepcionais, os datos indican que estes fenómenos aparecen cada vez con maior frecuenta e, nalgúns casos, con maior intensidade

07/07/2026 | 15:39 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde reforza a cooperación oncolóxica con Portugal co proxecto EQUIO, destinado a crear unha rede integral de atención ao cancro

O proxecto conta coa participación da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, ACIS, e o Instituto Português de Oncologia do Porto

07/07/2026 | 15:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima a solicitar antes do 13 de xullo os 6,5 M€ para incentivar o emprego de persoas mozas inscritas no Programa Nacional de Garantía Xuvenil

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o Concello de Moeche, onde se contratou un traballador grazas á pasada edición desta orde