Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica as obras de mellora de firme en varias estradas da área de Pontevedra, por máis de 2 M€
O obxectivo é acondicionar a capa de rodaxe nas estradas PO 532, PO-542, PO-546, e PO-551, ao paso por Pontevedra, Marín, Ponte Caldelas, Bueu e Cangas
A Xunta licita por máis de 400.000 euros as obras que completan a humanización e mellora da accesibilidade do núcleo de Moreiras, no concello de Toén
A actuación permitirá crear un conxunto de espazos de lecer en Moreiras, incluíndo un auditorio ao aire libre, a creación dunha zona de pérgolas, un área de xogos infantís e outra onde se instalarán aparatos biosaudables e unha pista multideportiva
A Xunta licita por preto de 350.000 euros a execución das obras dunha senda peonil en Pazos, no concello de Ponteceso
O obxectivo da intervención é a construción dunha senda peonil en Pazos, na marxe esquerda da estrada AC-419, entre o punto quilométrico 2+990 e o 3+350
A Xunta adxudica por máis de 340.000 euros as obras dunha glorieta na estrada AC-862 coa AC-115 en Xuvia, no concello de Neda
O obxectivo desta intervención é incrementar o fluxo do tráfico entre estas dúas estradas autonómicas e por conseguinte, reforzar a seguridade viaria na zona
As obras de mellora dos apoios do taboleiro do viaduto da autoestrada Santiago-Ourense (ag-53) sobre a A-52 farán necesarias afeccións ao tráfico a partir do luns
Esta actuación prevese levar a cabo entre o luns 23 e o venres 27 de xuño, sendo necesario un corte de tráfico entre as 10 horas do martes 24 e as 13 horas do venres
A Xunta somete á información pública o proxecto para dotar a VAC Tui - A Guarda dun enlace completo co polígono de Areas, que suporá un investimento de 1,6 M€
O DOG publica hoxe este anuncio, establecendo 30 días hábiles contados a partir de mañá para presentar alegacións
A Xunta adxudica por 255.429 € as obras para humanizar o acceso a Fondo de Vila, en Folgoso do Courel
Esta intervención permitirá a construción dunha nova vía para facilitar o acceso aos servizos e dotacións municipais, como o albergue, o edificio de usos múltiples ou o museo
A Xunta aproba a oitava actualización do Plan Básico Autonómico de Galicia
O Plan Básico Autonómico de Galicia, ou PBA, constitúe unha peza viva e radiográfica das novidades lexislativas sectoriais que afectan ao territorio da Comunidade Autónoma
Lorenzana salienta o apoio da Xunta ao concello de Boqueixón con preto de 60.000 euros para a mellora do parque empresarial de Camporrapado
Este concello foi beneficiario da orde de axudas convocada polo Goberno galego para a mellora das infraestruturas dos polígonos industriais e que no 2025 ascendeu a tres millóns de euros