Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.813 novas da área temática Áreas temáticas:

11/09/2026 | 17:00 | C. do Medio Rural

Medio Rural aposta pola formación como ferramenta esencial para un sector agrario máis profesional e competitivo

Así o destacou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, na súa comparecencia, a petición propia, na Comisión 7ª do Parlamento para avaliar os resultados da actividade formativa 2026 e de planificación para 2027

11/09/2026 | 15:54 | C. do Mar

Villaverde apela á unidade do sector para que Bruxelas escoite a Galicia e garanta un fondo pesqueiro específico e suficiente

A titular de Mar reclama unha asignación de, como mínimo, 7.290 M€ para a pesca e a acuicultura no próximo marco financeiro comunitario 2028-2034, coa aspiración de incrementar esta cifra

11/09/2026 | 15:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Belén do Campo asiste ao acto de inicio de curso académico 2026-2027 da Universidade de Santiago de Compostela

Galicia tamén mantén por terceiro curso consecutivo a matrícula gratuíta para os estudantes que aproben, así como a conxelación das taxas universitarias para quen non superen o mínimo de créditos esixidos, mantendo os mesmos prezos que hai 15 anos

11/09/2026 | 15:48 | C. de Sanidade
11/09/2026 | 15:45 | C. de Sanidade

A Xunta activa mañá sábado a alerta amarela por posibles efectos da calor sobre a saúde no interior de Pontevedra

Actívase a alerta amarela nos concellos da Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces

11/09/2026 | 15:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez anima ao tecido industrial a apostar pola reutilización da auga para reducir a súa pegada ambiental e contribuír á garantía do abastecemento

Tras lembrar que esta é unha liñas de actuación da Xunta para reforzar a eficiencia do subministro, a conselleira avanza que, de forma preliminar, se estima en máis de 5 millóns de m3 ao ano a auga que sería susceptible de reutilizarse no eido industrial

11/09/2026 | 15:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o Pont-Up Store como un escaparate clave para o talento emprendedor, a dinamización do territorio e o impulso do trabalo autónomo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, participou na inauguración da 13ª edición deste espazo de emprendemento na Praza de España

11/09/2026 | 15:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación anima á matriculación na Formación Profesional, que multiplica por dous o número de solicitudes en novidades como a FP Acelerada

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP visitou o CIFP A Xunqueira, onde coñeceu de primeira man a experiencia do alumnado do novo ciclo de Acelerada de Preparación, protección e embelecemento de superficies de carrozarías

11/09/2026 | 15:28 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 130.000 € a renovación integral da produción de climatización do centro de saúde de Monforte de Lemos

Substituiranse as tres unidades exteriores por novos equipos de alta frecuencia enerxética e modernizaranse as instalacións