Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.935 novas da área temática Cultura:

18/09/2025 | 15:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Ferrolterra acolle 26 actuacións escénicas e musicais ata final de ano a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios

A carteleira do circuíto, promovido pola Xunta de Galicia, ofrece catro novas funcións en Ferrol, tres en Ortigueira, 11 en Narón, seis nas Pontes de García Rodríguez e dúas en Cedeira

18/09/2025 | 15:43 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta presenta 32 cartas inéditas escritas por Curros Enríquez nos seus últimos anos de vida

A correspondencia dá conta da amizade entre os dous galeguistas ourensáns e nela aparecen nomes como os de Manuel Murguía, Emilia Pardo Bazán ou Rosalía

18/09/2025 | 14:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O XXV Festival de Teatro Agustín Magán arranca mañá en Santiago co apoio da Xunta

O teatro Principal e o centro sociocultural de Santa Marta acollerán a programación que contará con seis espectáculos ata o 27 de setembro

18/09/2025 | 14:05 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos propón declarar o 2026 ‘Ano Ramón Otero Pedrayo’

A iniciativa busca poñer en valor a súa figura e promover novas achegas para divulgar e coñecer o seu legado

18/09/2025 | 12:25 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta contribúe á programación escénica da cidade da Coruña con 17 actuacións no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O circuíto de exhibición, cofinanciado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e as 43 entidades locais asociadas, achega 12 representacións ao Fórum Metropolitano e cinco ao Teatro Rosalía Castro

17/09/2025 | 18:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Centro Dramático Galego retoma as funcións do espectáculo ‘A serie clopen’ tras o éxito da súa estrea no Salón Teatro de Santiago

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu á representación desta nova produción da compañía pública na súa sede compostelá, onde permanecerá en cartel ata o 26 de outubro con pases de mércores a domingos

17/09/2025 | 13:50 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer premian a Rita Doallo co IV premio Simbad

O secretario xeral de Lingua, Valentín García, participa na entrega deste galardón á autora pola súa obra ‘Astralistoria’

17/09/2025 | 13:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta segue a impulsar os servizos bibliotecarios en toda Galicia coa integración na Rede galega dun novo centro en Tomiño

Coa incorporación ao sistema, o Executivo galego garante o cumprimento das prestacións deste espazo para a veciñanza