Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e Galaxia inauguran en Lourenzá a exposición ao redor das Letras Galegas "Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito"
O secretario xeral de Política Lingüística e o director xeral de Cultura participan na apertura da mostra para festexar o 60 aniversario desta efeméride
Román Rodríguez avanza no Parlamento as tres primeiras ferramentas do Proxecto Nós xa dispoñibles para situar ao galego na vanguarda tecnolóxica
Son un tradutor con tecnoloxía neuronal, a primeira aplicación que entende o galego oral e o converte a texto e outra que a partir dun texto é quen de ler en galego
A Xunta de Galicia e Feiraco lanzan a nova edición do certame de relatos breves para celebrar o día das letras galegas entre a rapazada
Establécense dúas categorías de participación: nivel 1 para 5º e 6º de Primaria e nivel 2 para 1º e 2º de Secundaria
A Xunta e Gadis asinan un convenio para promover a lingua galega entre a mocidade a través das plataformas dixitais
O titular de Cultura do Goberno galego, Román Rodríguez, e a directora de Marketing de GADISA, Melisa Pagliaro, selaron hoxe este acordo que se desenvolverá a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística
O alumnado do colexio CEIP Juan Rey de Lourenzá recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas polo traballo “Desde a fiestra de don Paco”
Os carteis elaborados pola rapazada de Infantil e Primaria do centro lucense distribuiranse entre 2.000 puntos de Galicia, de España e do exterior
A Xunta e a Asociación de Produtoras Independentes poñen en marcha o programa ‘Educa Audiovisual’ para o alumnado galego de secundaria
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades conta con Agapi para a xestión desta iniciativa, que pon a disposición dos institutos un catálogo de 14 filmes e series para traballar na clase como complemento aos contidos curriculares
Preto de 150 estudantes participan no primeiro Encontro Lusófono organizado polo Instituto IES Alfredo Brañas de Carballo
O secretario xeral de Política Lingüística participa nesta xornada promovida ao abeiro da Lei Paz Andrade para impulsar os vínculos coa lusofonía
Fernández-Tapias destaca a figura de Fernández del Riego como “defensor dunha Galicia moderna” durante a entrega do premio Letras Galegas ao IES Castelao de Vigo
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo acudiu ao centro escolar vigués para entregar o galardón convocado pola Consellería de Cultura
A Xunta galardoa as mellores declaracións de amor do duodécimo certame Lingua de namorar
Na categoría A, de 14 a 19 anos, foron premiados a ourensá Alba Guzmán Falcón, o coruñés Santiago Sánchez Villarino e a veciña de Pantón Carla López Otero
A Xunta conmemorará o 17 de maio tamén desde o ámbito deportivo coa IX carreira Camiño das letras
Celebrarase con dúas rutas diferentes, unha de 15 km, que recorrerá a Ruta da Prata desde o Pico Sacro á Cidade da Cultura, e outra de 5 km, no propio contorno do Gaiás