Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 37.040 novas da área temática Áreas temáticas:

07/07/2026 | 13:53 | C. do Medio Rural

María José Gómez enxalza a calidade dos animais de rubia galega criados no CIAM e anima aos gandeiros a participar na poxa do venres

Trátase da terceira poxa que se realiza con animais desta raza autóctona debido ao alto número de animais cos que conta o CIAM derivado das súas actividades de investigación e mellora xenética

07/07/2026 | 13:46 | C. do Medio Rural

A Xunta ultima na provincia de Ourense a coordinación policial para a loita contra os incendios forestais

O obxectivo desta reunión, que se celebra todos os anos no marco da campaña de alto risco, é o deseño de actuacións conxuntas entre a Xunta, o Goberno central e a Administración local en materia de prevención e loita contra os lumes forestais

07/07/2026 | 13:31 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza que o Servizo Galego de Saúde convocará antes de finais de ano un concurso de méritos para cubrir de forma estable as prazas das urxencias hospitalarias de Ourense

A través do proxecto de lei aprobado hoxe en Pleno puntuarase o triplo o tempo traballado no servizo de Urxencias do hospital de Ourense

07/07/2026 | 12:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional;

Belén do Campo destaca o compromiso coa inclusión de West Galicia durante a visita ao campamento de verán que organizan no CEIP Curros Enríquez da Coruña

A representante do Goberno autonómico destacou que “este campamento é un exemplo de inclusión real, onde non existen barreiras, senón amizade, convivencia e oportunidades para todos os nenos, nenas e mozos participantes”

07/07/2026 | 12:38 | Axencia de Turismo de Galicia

O novo festival Son e Mar Vigo 2026 patrocinado pola Xunta suma ao seu cartel talento galego, grupos dos anos 90 e música disco

A delegada territorial, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, desvelan os artistas que completan o festival

07/07/2026 | 12:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta licita o equipamento do Centro Galego de Artes Dixitais con financiamento da Unión Europea

O importe desta licitación cífrase nun máximo de 2,6 millóns de euros dos que 1,5 proceden de fondos FEDER

07/07/2026 | 12:25 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia inviste máis de 400.000 euros na mellora da contorna das Torres de Catoira ao tempo que reforza a celebración da Romaría Vikinga

Xosé Merelles supervisou hoxe as obras rematadas que se enmarcan no Plan Xacobeo Next Generation, que destinou 22,7M€ a rehabilitar 10 Bens de Interese Cultural da comunidade

07/07/2026 | 12:09 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que a Xunta está a desenvolver unha política industrial de anticipación para “estar preparados antes de que chegue a oportunidade”

“Os grandes investimentos non nacen o día no que se anuncian. Ese día fanse visibles, pero comezan moito antes”, din

07/07/2026 | 12:06 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde anuncia o prazo para a actualización do expediente de cara ao concurso específico de enfermería familiar e comunitaria

Os profesionais interesados en participar neste concurso terán de prazo ata o próximo 31 de xullo para actualizar os seus expedientes a través de Fides/expedient-e