Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.793 novas da área temática Economía:

02/01/2025 | 14:30 | C. de Economía e Industria

A Oficina Económica de Galicia recibe máis de 1.700 consultas ao mes desde a súa apertura en abril

O servizo atendeu 13.731 consultas de empresas, persoas autónomas ou emprendedoras nos seus primeiros oito meses en funcionamento, das que máis do 80 % foron resoltas no momento

30/12/2024 | 12:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa 17 proxectos de emprendemento empresarial no rural de Lugo, con infraestruturas e asesoramento na rede de viveiros industriais

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, visitou hoxe o viveiro industrial de Friol (Lugo)

28/12/2024 | 10:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

Dous terzos dos concellos da nosa Comunidade contan con algunha iniciativa emprendedora liderada por galegos retornados co apoio da Xunta

Na última década, a liña de axudas ao retorno emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración apoiou cun investimento directo de 5,3 millóns de euros a posta en marcha de máis de 800 proxectos, ubicándose case a metade -o 48%- fóra das cidades

25/12/2024 | 11:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa o establecemento de sinerxías entre o talento universitario e o ecosistema emprendedor galego no marco da Rede de polos

O Executivo galego promove a conexión entre empresas emerxentes galegas, asesoradas no marco da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, con estudantado universitario de último ano grazas á plataforma U4Impact

22/12/2024 | 10:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca a contribución de NTT Data ao impulso da innovación no tecido empresarial e nos servizos públicos

O presidente da Xunta mantivo un encontro co director xeral en España desta consultora tecnolóxica, Víctor López-Barrantes e o director en Galicia e Asturias, Alberto Borrego

21/12/2024 | 15:16 | C. de Economía e Industria
19/12/2024 | 20:03 | C. de Economía e Industria
19/12/2024 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o seu compromiso coa seguridade industrial que aporta valor diferencial e maior competitividade aos sectores produtivos

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asiste a unha xornada sobre Seguridade Industrial na Enerxía

19/12/2024 | 13:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza da man de patronal e sindicatos no marco do diálogo social para consolidar o emprego de calidade e abordar retos do mercado laboral

José González salienta a importancia do Diálogo Social e de reforzar a súa transversalidade co gallo dunha xuntanza para avaliar os orzamentos e proxectos de 2025, incluído o plan de traballo xunto co tecido produtivo e as centrais sindicais