Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.830 novas da área temática Emprego:

23/10/2025 | 11:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a colaboración con Asime para dar cobertura ás vacantes laborais no sector metalmecánico en eidos estratéxicos como o naval

José González referiuse ao PIE 2024-2025 de Asime pero tamén á implicación da entidade en iniciativas da Consellería como as feiras de emprego celebradas o pasado mes de marzo na Arxentina e no Uruguai, co gallo de captar novos perfís profesionais

22/10/2025 | 12:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta entrega cinco vehículos todoterreo híbridos ao Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia para reforzar o seu labor técnico no territorio

Estes automóbiles empregarase fundamentalmente para o traballo de campo, como visitas e seguimentos en materia de prevención de riscos laborais, así como na asistencia técnica á Inspección de Traballo

21/10/2025 | 13:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta porá en marcha no 2026 unha Oficina de Atracción de Talento para consolidar o modelo galego de captación ordenada de persoas traballadoras

Coordinará as medidas de emprego para persoas galegas do exterior que desexan regresar a traballar na súa terra e tamén ás procedentes de 3º países reforzando o “modelo Galicia”, que busca captar talento dun xeito planificado e unido ao emprego

21/10/2025 | 12:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Aneiros felicita aos 9 alumnos que concluíron o obradoiro de garantía xuvenil ‘Inicia VIII’ promovido polos concellos de Fene, Ares, Cabanas e Mugardos

 A delegada territorial de Ferrol, participou esta mañá na entrega de diplomas aos participantes neste itinerario formativo que a Xunta financiou cun investimento próximo aos 449.000 euros

20/10/2025 | 12:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a nova tenda Arroupa de Cáritas en Vilagarcía de Arousa como unha aposta polo emprego inclusivo e pola economía circular

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na inauguración do establecemento, destacando que esta empresa de inserción recibe apoio do Goberno galego para garantir a súa actividade

20/10/2025 | 12:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presentará a través do Issga a nova campaña ‘Dixitalización no traballo’ no marco da Semana europea para a seguridade e a saúde no traballo

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia súmase a esta iniciativa, que se celebra ata o 26 de outubro, coa posta en marcha de diferentes actividades e accións divulgativas arredor do lema ‘Traballos seguros e saudables na era dixital’

19/10/2025 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Ribeira Sacra acollerá en novembro o encontro Ultreia dentro da aposta de Galicia como referente do emprendemento ligado ao territorio

O encontro, organizado pola Xunta de Galicia, celebrarase os vindeiros 27 e 28 de novembro no Monasterio de Santo Estevo de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra, no marco do recoñecemento á comunidade galega como Rexión Emprendedora Europea 2025