Actualidade
Buscador de novas
A conselleira María M. Allegue anima aos construtores de Lugo a sumarse ao reto de duplicar o parque público de vivenda de Galicia
Allegue puxo en valor a importancia da colaboración público-privada e trasladou as actuacións da Xunta en materia de vivenda aos construtores de Lugo
Ana Ortiz destaca os avances no barrio de Navia con 163 vivendas de promoción pública con obra adxudicada e outras 153 licitada
A delegada territorial en Vigo visitou este xoves a parcela MV-4 do polígono 2 de San Paio de Navia onde se construirán 55 novas vivendas
A Xunta inicia a rehabilitación de dous edificios para acadar 4 vivendas públicas en Ferrol, dentro do programa Rexurbe
O investimento nestas actuacións suman un total de 1,4M€ de fondos propios da Xunta
As axudas da Xunta para rehabilitación de vivendas nas ARIS do Camiño de Santiago mobilizaron preto de 155.000 euros en investimentos en Ferrolterra
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a unha das beneficiarias deste programa da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas que ten aberta unha nova convocatoria
A Xunta formaliza 3 novos contratos de alugueiro para menores de 35 anos na Coruña
Trátase dun inmoble propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), entre a avenida de Chile e a rúa Caballeros, integramente destinado á mocidade e en réxime de alugueiro
López Campos presenta o Bono emancípate como unha medida “con vocación de continuidade no tempo”
Destaca que “como novidade con respecto a outras políticas relacionadas coa vivenda, pon o foco no esforzo que supón o equipamento dun fogar”
Preto de 2.000 escolares de toda Galicia participan este ano no ‘Proxecto Terra’ , impulsado pola Xunta e o COAG
Allegue explicou que esta iniciativa se enmarca na colaboración da Xunta co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, mediante este proxecto que cumpre 25 anos