Actualidade
Buscador de novas
As Letras Galegas celebran a súa 60 edición con máis dun centenar de actividades arredor de Francisco Fernández del Riego
O Goberno autonómico, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTVG colaboran con numerosas empresas, entidades, administracións locais e editoriais para sacar adiante un completo programa
A Xunta e a Fundación Rosalía de Castro conmemoran o 186 aniversario do nacemento da poeta galega máis universal
Valentín García fixo un chamamento para converter esta celebración con actividades en Padrón e Santiago nunha oportunidade “para chamar a atención de toda a sociedade sobre as causas que defendeu a escritora”
A Xunta celebra o Día Internacional da Lingua Materna cunha proposta musical para os máis cativos
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asiste na Escola Infantil de Vite á interpretación do concerto de música infantil ‘Gatuxo’
A Xunta e Ronsel de Ideas lanzan o xogo familiar ‘Ti es a chave da primavera’ co gallo da celebración do Día Internacional da Lingua Materna
O proxecto está orientado á rapazada de Primaria e inclúe un conto dixital e recursos interactivos adicionais tomando como fío condutor o lema Mil primaveras máis
O colexio Juan Rey de Lourenzá e o Instituto Castelao de Vigo, gañadores do concurso das Letras Galegas da Xunta para homenaxear a Fernández del Riego
Os centros divulgan a súa figura a través dunha exposición que irá acompañada cunha guía didáctica para distribuír nos centros de ensino
A Xunta e a Fundación Rosalía de Castro conmemoran o 186 aniversario da autora cunha ampla programación
O secretario xeral de Política Lingüística e o presidente da Fundación Rosalía presentan as iniciativas que organizan ambas as institucións
A Xunta solicita que a lingua galega forme parte da plataforma Online Language Support do programa Erasmus+
O obxectivo principal é lograr a inclusión, xunto co catalán e o éuscaro, nesta aplicación en liña que permite a aprendizaxe gratuíta de idiomas aos estranxeiros
Bota a andar a duodécima edición de ‘Lingua de namorar’, o certame da Xunta que promove as declaracións de amor en galego
O concurso está destinado a mozos e mozas de entre 14 e 35 anos e ten tres categorías, unha delas exclusiva para Instagram
Máis de 4.500 persoas participaron na quinta edición do programa de dinamización lingüística ‘21 días co galego e +’
O secretario xeral de Política Lingüística e o director xeral de Centros e Recursos Humanos asisten á clausura da iniciativa no IES Aquis Celenis, en Caldas de Reis