Actualidade
Buscador de novas
A consellería de Sanidade participa como protagonista nunha mesa redonda sobre políticas e prevención da obesidade
A invitación responde ao compromiso da Xunta de Galicia na busca de solucións innovadoras fronte á obesidade
A Xunta adxudica por 1,1 M€ a subministración e posta en marcha dun sistema integral de xestión de imaxe para o bloque cirúrxico do Hospital Novo Montecelo
Este equipamento está especificamente deseñado para levar a cabo intervencións de cirurxía convencional e intervencións minimamente invasivas de alto risco guiadas por imaxe
Gómez Caamaño salienta o investimento da Xunta de 1 M€ para facer da terraza do Hospital Clínico unha área de espera humanizada para os pacientes oncolóxicos que entrará en servizo tras o Nadal
As obras abranguen un espazo de máis de 300 m2 que foi pechado por completo para a súa correcta climatización, mantendo as vistas ao Monte de Moas
A Xunta convoca as subvencións para actividades de prevención de condutas aditivas realizadas por concellos e entidades locais, ás que destina máis de 2,5 millóns de euros
A Consellería de Sanidade incrementa a contía por proxecto desta liña de axudas para axudar as persoas con trastornos aditivos
Gómez Caamaño pon en valor a actividade e a calidade dos servizos de traumatoloxía do Sergas, que en 2024 realizaron máis de 30.200 intervencións cirúrxicas
Agradece ao presidente da Real Federación Galega de Fútbol a insignia de prata concedida á Consellería, que supón un recoñecemento colectivo ao traballo de miles de persoas e reflicte que a sanidade pública galega é sinónimo de Galicia Calidade
Galicia avanza na campaña de vacinación con máis de 600.000 galegos inmunizados fronte á gripe e 360.000 fronte á covid
O sistema sanitario público galego conta cun dos programa de inmunización máis amplos de todo o mundo
A Xunta publica as subvencións concedidas por máis de 1,3 M€ para 46 programas sociosanitarios no ámbito dos trastornos mentais e das adiccións
As axudas, recollidas no Diario Oficial de Galicia de hoxe, están destinadas a programas psicosociais de prevención das adiccións, de fomento da empregabilidade ou de prevención do suicidio
A onda epidémica de gripe mantén unha intensidade baixa con tendencia crecente
O último informe de actividade das infeccións respiratorias agudas da Dirección Xeral de Saúde Pública indica que a taxa de consultas por gripe en atención primaria aumenta en todos os grupos de idade
Gómez Caamaño subliña o salto de calidade asistencial acadado coa nova unidade de ictus de Ourense, que atendeu xa 20 pacientes
Remarca que con esta unidade a Xunta materializa o seu compromiso cos habitantes de Ourense e, ademais, garante a equidade no acceso ao sistema sanitario
O Consello de docencia clínica ratifica o acordo para a descentralización de Medicina en Galicia
Os conselleiros de Educación e de Sanidade celebran o consenso acadado arredor dun documento con visión de país que beneficia aos estudantes e aos hospitais