Actualidade
Buscador de novas
Ribeiras de Lea celebra o sábado a III ‘Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía’ co apoio da Xunta
A Delegación Territorial acolleu a presentación do programa, que inclúe un xantar popular, actuacións musicais, postos de artesanía alimentaria, exhibicións de cociña en directo e degustación de máis de 700 tapas elaboradas con ovo e chourizo
A Xunta de Galicia patrocina o desembarco de Sarabela no Teatro de la Abadía de Madrid co espectáculo ‘O dragón de ouro’
A produción, que estará en cartel do 11 ao 28 de setembro, representarase en castelán e ofrecerá tamén un pase en galego o día 12, ademais dun encontro co público o 17
A Xunta repartirá máis de 70.000 euros na 16ª edición do certame Xuventude Crea
Trátase dun programa que pretende fomentar e apoiar a creación artística entre a mocidade galega
A Xunta colabora na exposición sobre Maruja Mallo no Museo Reina Sofía de Madrid
O Goberno galego patrocinará o deseño e elaboración dunha alfombra dedicada á pintora galega realizada pola entidade de Bueu
O circo protagoniza por primeira vez unha produción propia do Centro Dramático Galego en ‘A serie clopen’
A unidade teatral da Xunta inaugura a temporada 2025-2026 coa estrea, o xoves 11, desta proposta dirixida por Pablo Reboleiro, quen é tamén autor da dramaturxia xunto a Clara Gayo
A Filmoteca de Galicia abre o novo curso cun ciclo sobre o director francés Maurice Pialat e un percorrido polo cinema arxentino dos anos 60 e 70
A cinemateca da Xunta inaugura mañá a súa temporada 2025-2026 cun documental sobre a obra deste realizador galo como preámbulo da retrospectiva que se lle dedica no centenario do seu nacemento
López Campos salienta o papel das romarías para reforzar a cultura e o patrimonio popular de Galicia
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa no Día Grande dos Milagres, no Santuario de Baños de Molgas, declarado monumento histórico-artístico nacional
A Xunta pon en valor a Sociedade Parroquial de Vedra en Bos Aires co gallo do seu 115º aniversario
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou o compromiso desta entidade coa preservación e transmisión interxeracional da cultura galega