Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.830 novas da área temática Emprego:

15/10/2025 | 16:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta insiste ao Goberno na necesidade de flexibilizar a xestión dos fondos de formación para adaptala ás necesidades reais do tecido empresarial

Esta solicitude enmárcase na forte aposta de Galicia a prol dunha formación flexible e á carta das empresas, na que destacan accións como a colaboración con clústeres e entidades para cualificar persoas en sectores estratéxicos

15/10/2025 | 14:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo clausura o obradoiro de emprego de Rois nos que se formaron a 13 mozas e mozos sen emprego en tratamento e maquetación de elementos gráficos de impresión cun investimento de máis de 420.000€

Belén do Campo sinalou que estas iniciativas financiadas polo Goberno galego tamén reforzan a colaboración coas entidades locais e permiten que as persoas que participan nelas obteñan un certificado de profesionalidade

15/10/2025 | 14:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o programa ‘Hubs de activación da empregabilidade’ para axudar a atopar a un traballo ás persoas con máis dificultades de inserción

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais participou hoxe na Coruña nunha visita institucional a participantes e persoal técnico deste programa, promovido polas fundacións Santa María la Real e Iberdrola España co apoio do Goberno galego

15/10/2025 | 12:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta a guía de boas prácticas ‘Prevención das enfermidades da voz no ámbito laboral’ dirixida a persoas teleoperadoras, locuturas ou docentes

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe na Coruña na presentación desta guía e dos materiais divulgativos asociados onde se recollen medidas preventivas, consellos e exercicios

15/10/2025 | 10:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva ata os case 6 M€ o programa Aprol Economía Social para impulsar o emprego e fomentar a competitividade de cooperativas e sociedades laborais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación de crédito da orde de 2025 destas axudas, que apoian a incorporación de persoas desempregadas e traballadoras a cooperativas e sociedades laborais

14/10/2025 | 14:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A delegada da Xunta clausura o obradoiro de garantía xuvenil “O noso encontro co emprego”

Ana Ortiz acudiu ao peche do curso que tivo un investimento de 438.000 euros por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

14/10/2025 | 13:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Manuel Pardo califica as actuacións levadas a cabo polos programas de emprego como traballos a prol da veciñanza

O delegado territorial destacou que este programa, no que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración investiu preto de 440.000 euros,  formou a 16 alumnos - traballadores  nos módulos de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería (8) e traballos de carpintería e moble (8)

13/10/2025 | 16:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A delegada da Xunta salienta a oferta formativa e laboral do obradoiro MAIV 2025

Ana Ortiz clausurou este luns o curso adicado a Deseño Gráfico e Multimedia e Xestión e Dinamización de Empresas

13/10/2025 | 15:39 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta dotará ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar dun protocolo de prevención, detección e seguimento ante situacións de violencia nos domicilios

Rueda destaca que o obxectivo “é protexer” a estas profesionais ante calquera tipo de violencia que “poidan sufrir no eido laboral sexa física, psicolóxica ou sexual”