Actualidade
Buscador de novas
A Xunta debate coa Comisión Europea a importancia de traballar nas prioridades lexislativas da UE recollidas na Declaración Conxunta 2023-2024
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, deu a benvida aos participantes no primeiro encontro deste 2023 nunha nova edición do ciclo ‘FGE | NextGeneratiOn Galicia’
Rueda salienta a estabilidade da Xunta como garante da prosperidade de Galicia
Comprométese a que a comunidade galega vai seguir sendo “un exemplo de sentidiño” para o resto de España
Rueda traslada ao embaixador de Portugal en España a vontade de Galicia por manter os lazos de irmandade a prol do progreso da cidadanía ás dúas beiras do Miño
O titular do Goberno galego agradeceu ao Executivo luso a súa aposta decidida pola conexión ferroviaria de Portugal con España a través de Galicia
Rueda pon en valor o papel do expresidente José Quiroga na construción da autonomía de Galicia como a casa común da que hoxe desfruta o pobo galego
Salienta que a homenaxe a Quiroga é un recoñecemento aos persoeiros que traballaron polo autogoberno de Galicia “con poucas ferramentas e moi escasos recursos”
O Goberno galego destaca o seu interese por manter e reforzar as relacións con Polonia que tan bos resultados aportan tanto no eido institucional como no económico
No encontro avanzaron asuntos de interese para os dous territorios, como as relacións comerciais, os retos enerxéticos ou os vínculos cada vez máis estreitos entre galegos e polacos por mor do turismo
A Xunta incorporou xa a dous novos médicos con praza fixa na quenda de tarde do centro de saúde de Moaña
As prazas foron adxudicadas a través do sistema de concurso de méritos sen oposición habilitado pola Xunta a través dunha habilitación legal e os profesionais incorporáronse o pasado martes
O centro de saúde de Verín contará dende hoxe cun segundo pediatra
Así o anunciou no Parlamento de Galicia o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen remarcou que o 100% dos cativos que queiran acudir ao pediatra neste centro de saúde atopan cita en dous días