Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 975 novas da área temática Territorio:

23/10/2024 | 15:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 2,3M€ no acondicionamento da estrada LU-710 ao seu paso polo concello de Baralla

A actuación desenvólvese nun treito de 4,5km desta estrada autonómica que conecta a N-VI coa autoestrada A-6 e ten un prazo de execución de 18 meses, polo que se prevé que estea rematada a principios do 2026

21/10/2024 | 18:04 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta continúa en Ourense cos encontros informativos sobre a Rede Adival

Trátase da segunda das reunións territoriais programadas polo Goberno galego con distintas institucións, equipamentos, xestores ou asociacións

21/10/2024 | 16:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense participa no acto de recoñecemento de fronteiras e convivencia entre o concello de Lobios e as cámaras municipais lindeiras de Portugal

O delegado territorial da Xunta en Ourense explicou que se trata dun acto protocolario que ademais, de servir encontro periódico, afianza a relación iniciada polos concellos, no Tratado de Límites de Fronteira, datado o 29 de setembro de 1864

17/10/2024 | 15:46 | C. de Economía e Industria

Lorenzana e os alcaldes da área de Bergantiños abordan as iniciativas postas en marcha polo Goberno galego para atraer investimentos á comunidade

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantén un encontro de traballo cos alcaldes de Cabana de Bergantiños, Coristanco, Laxe, Malpica e Ponteceso

17/10/2024 | 12:50 | C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca o investimento de máis 123.000€ na mellora de infraestruturas rurais de Irixoa

A delegada da Xunta avaliou co alcalde esas aportacións que servirán para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas

10/10/2024 | 15:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta está a mellorar a seguridade e a accesibilidade de 51 paradas de autobús ubicadas en 15 estradas autonómicas de 10 concellos de Lugo

Menéndez concretou que se está a intervir en 30 paradas en Lugo, 5 en Xove, 4 en Castro de Rei, 2 en Riotorto, Outeiro de Rei, O Vicedo, Cospeito e Begonte, e 1 en Abadín e Meira

09/10/2024 | 13:54 | A Presidencia da Xunta

Galicia reclama no comité das rexións máis apoio e flexibilidade para garantir unha transición xusta en todos os territorios

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou no pleno nº162 do Comité Europeo das Rexións (CdR), no que se aprobou un ditame para asegurar que ningunha rexión se quede atrás no camiño cara a unha economía sostible

09/10/2024 | 11:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta exixe ao Goberno central o mesmo trato que outras comunidades e que concrete xa os medios que prevé traspasar a Galicia para xestionar a súa costa

Ángeles Vázquez lamenta que o borrador de acordo remitido polo Executivo central non concreta nin os medios nin o persoal que transferiría e ten grandes diferenzas en relación con outras autonomías como Cataluña, Canarias ou Andalucía

08/10/2024 | 16:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza na súa colaboración co concello de Boborás para impulsar a xeración de emprego e emprendemento co gallo de fixar poboación no rural

No encontro tratáronse cuestións como os obradoiros de emprego e as posibilidades que ofrece o municipio ourensán para as persoas emprendedoras

08/10/2024 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ourense será a primeira provincia galega en contar cunha cartografía actualizada e máis detallada para facilitar a xestión do territorio a nivel local

O Goberno galego destinará 1,2 M€ a cartografar máis de 617.000 hectáreas co obxectivo de poñer á disposición das entidades locais, das empresas e dos particulares, información máis precisa sobre o territorio