Actualidade
Buscador de novas
A Xunta recibe 60 solicitudes de concellos para rehabilitar inmobles de titularidade municipal e destinalos a vivendas de alugueiro accesible
Allegue explicou que o fogar entregado en Riós é froito da adquisición dun inmoble por parte do Concello, cunha axuda do Fondo de Cooperación da Xunta, e a súa rehabilitación a través doutra subvención do programa para vivendas municipais
A Xunta presenta a consulta preliminar ao mercado do proxecto europeo REHEAL, que investirá 3,5 M€ na busca de solucións innovadoras para reducir o impacto ambiental dos subministros sanitarios
Enmarcado no programa Horizon Europe, o proxecto REHEAL está liderado pola Universidade de Edimburgo e conta cun orzamento total de 7,3 millóns de euros
A Xunta lamenta a pasividade da ministra de Sanidade ante a folga contra o Estatuto Marco, que en dous días xa paralizou 380 cirurxías en Galicia
Gómez Caamaño remarca que a actividade afectada pola folga médica nos dous primeiros días supuxo a suspensión de case 380 cirurxías, 7.550 consultas hospitalarias e 6.550 consultas de atención primaria
A Xunta destaca o avance na atención a persoas con TEA que supón o novo centro de Asperga, ao que se destinaron 200.000 euros
A esta axuda engádense outros 50.000 euros para a compra dun vehículo que dá servizo ao persoal e usuarios da entidade
Medio Rural convoca a máis de 1.700 aspirantes para as probas físicas do persoal do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais
Tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, estes exames terán lugar no Estadio Municipal Vero Boquete de Santiago de Compostela os próximos días 24, 25, 26 e 27 de febreiro
A Xunta recoñece cos premios Innovagal o traballo de oito centros educativos e unha aula hospitalaria
Son traballos de colexios e institutos de Porto do Son, Viana do Bolo, Valga, Verín, O Porriño, Rianxo, Tui, Mañón e do espazo educativo do Hospital de Vigo
A Xunta destina máis de 1,1 millóns de euros á formación de 850 traballadores da área de Vigo a través do Bono Talento Empresa
Destaca o investimento do Goberno galego en accións formativas para mellorar o desenvolvemento profesional
As Neves renova o sistema de iluminación do campo de fútbol Pepe Capón grazas a un investimento da Xunta de 55.000 euros
O delegado territorial visitou o resultado das obras e destacou o importante aforro enerxético que supón esta actuación
A Xunta e a Deputación de Ourense asinan o protocolo para avanzar na mellora das prazas de abastos da provincia como espazos clave no comercio local
O protocolo selado hoxe entre ambas entidades crea un marco para desenvolver convenios de colaboración con cada un dos concellos ourensáns interesados na mellora dos mercados de abastos do seu territorio
Villaverde resalta a DOP Mexillón de Galicia como o distintivo que mellor define a calidade deste produto das nosas rías
A conselleira do Mar e a DOP asinaron dous convenios por unha suma total de 540.000 €, que permitirán reforzar a competitividade e a internacionalización deste bivalvo