Actualidade
Buscador de novas
A Xunta remata a mellora do firme de 28 quilómetros da vía LU-530 entre Castroverde, Baleira e A Fonsagrada, á que destinou 1,2 M€
O delegado territorial, Javier Arias, explica que a actuación executouse en dous treitos da estrada, o que une as travesías de Castroverde e O Cádavo e o que transcorre entre A Lastra e A Fonsagrada
A Xunta licita por 81.229€ as obras da conexión do paseo fluvial co centro urbano na Serra de Outes
Os traballos enmárcanse no Plan Hurbe da Xunta e teñen como obxectivo reformar o ámbito entre a avenida San Campio e o paseo fluvial do río Tines na Serra de Outes, no concello de Outes
Rueda pon a Lei do litoral como exemplo da aposta de Galicia polas políticas de aproveitamento sostible dos recursos naturais
Indica que o ministro de Política Territorial confirmou o “envío próximo” dun primeiro borrador para iniciar a negociación coa Xunta e convocar despois a Comisión Mixta de Transferencias
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o acordo da aprobación definitiva do proxecto para a construción dunha senda na estrada autonómica PO-407 en Porriño
O DOG tamén recolle hoxe a aprobación das expropiacións para executar un itinerario de case 1 km pola marxe dereita da vía, para dispor dun novo espazo para tránsito peonil independente da calzada nunha zona de vivendas e acceso ao colexio Cruz de Budiño
A Consellería do Mar aborda co sector a situación da campaña de libre marisqueo na ría de Ares-Betanzos
Acordáronse medidas de xestión enfocadas a optimizar os prezos de cara á campaña de Nadal
Galicia avoga por unha política de cohesión europea máis forte e moderna onde as rexións teñan un papel fundamental para abordar os retos de cada territorio
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, interveu hoxe no Parlamento Europeo nun foro sobre o futuro da política de cohesión da Unión Europea
A Xunta colabora na mellora do local social da asociación de veciños de Beade cunha achega de 15.000 €
A directora xeral de Administración Local visitou as instalacións, nas que se instalou unha plataforma elevadora e se equiparon as aulas con novos ordenadores
A Xunta licita por case 96.000€ as obras de humanización da praza de Picoutiños en Nogueiró, no concello de Cartelle
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas asume o 70% do orzamento e o Concello achega o 30% restante, sumando un orzamento global de 110.000€
A Xunta destaca nun obradoiro do polo de emprendemento de Coristanco as posibilidades das novas tecnoloxías no ámbito rural
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou na apertura da xornada, onde puxo de relevo que o Polo coristanqués leva atendido máis de 200 proxectos, un 56% deles impulsados por mulleres