Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor o evento ‘Da Néboa Experience’ para impulsar a visibilidade e a comercialización da Artesanía de Galicia
A xerente da Fundación Artesanía Galicia, Elena Fabeiro, asistiu á inauguración deste mercado de Nadal que se celebra ata mañá domingo na Coruña e no que participan unha selección de oito profesionais adheridos ao selo
A Xunta avanza da man de patronal e sindicatos no marco do diálogo social para consolidar o emprego de calidade e abordar retos do mercado laboral
José González salienta a importancia do Diálogo Social e de reforzar a súa transversalidade co gallo dunha xuntanza para avaliar os orzamentos e proxectos de 2025, incluído o plan de traballo xunto co tecido produtivo e as centrais sindicais
A Xunta pon en marcha en Ferrol un novo sistema de reclamación dixital para preservar os dereitos dos consumidores e usuarios
A delegada territorial, Martina Aneiros, e a xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, visitaron esta mañá na estrada de Catabois o primeiro establecemento da zona adherido á iniciativa
A Xunta pon en valor a iniciativa ‘Escaparates máxicos’ de Lalín para impulsar as vendas do comercio local nas vésperas do Nadal
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, fixo hoxe un percorrido polos establecementos que adaptaron os seus escaparates a estas datas festivas, tras recibir formación orientada á sustentabilidade apoiada polo Goberno galego
A Xunta avanzará en 2025 na redución da carga burocrática para o colectivo autónomo co fin de consolidar o liderado autonómico neste sector
José González pon en valor a aposta estratéxica pola simplificación administrativa, unificando en 2025 nunha única orde todas as axudas específicas neste eido, dotadas con máis de 40 millóns de euros
A Xunta recibe máis de 600 solicitudes para participar esta fin de semana no mercado do Tinglado en Vigo
Preto de 90 particulares ocuparán os expositores habilitados para vender os seus produtos repartidos en dúas xornadas, o sábado 21 de decembro e o domingo 22
Dúas candidaturas galegas resultan finalistas nos Premios Nacionais de Artesanía 2024
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, acompañaron hoxe en Madrid ao torneiro Aitor Martínez (Tomiño) e ao ebanista Fran Millán, de Frouma Atlantic Wood (Ribeira)
A nova tempada de pesca continental comezará en Galicia o 16 de marzo e prolongarase ata o 31 de xullo
No caso do salmón, o período hábil para exercer a actividade irá do 1 de maio ao 31 de xullo, aínda que poderá acurtarse en función da cota de capturas