Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor os 15 proxectos finalistas dos Premios do Comercio Galego 2026
Na gala que terá lugar o próximo 27 de outubro en Ourense, a mercería coruñesa La Crisálida, o obradoiro artesanal verinés Pato Joyeros e Embutidos Lalinenses optarán ao Premio Comercio Galego, dotado con 5.000 euros
A Xunta inaugurará no Gaiás este outono unha exposición que inclúe preto de 40 obras de arte galega do Museo Nacional Reina Sofía
Ser Noutras establece un diálogo entre artistas galegos pertencentes á colección desta institución e outros creadores contemporáneos que están a realizar 15 obras e instalacións inéditas para este proxecto
A Xunta colabora coa feira das San Lucas de Mondoñedo, que se celebrará entre os días 16 e 25 de outubro
Alfonso Villares participou na presentación da programación e lembrou que o Goberno galego apoia a declaración desta celebración como Festa de Interese Turístico Nacional
Fabiola García destaca que 164 persoas se beneficiaron dos descontos do Carné +65 na SD Compostela
A conselleira de Política Social e Igualdade visitou esta mañá as instalacións da SD Compostela, que está adherida a este programa
A Xunta súmase á conmemoración do Día Internacional das Persoas Xordas
Abeijón reiterou o compromiso do Executivo autonómico de seguir impulsando iniciativas que melloren o benestar e a calidade de vida deste colectivo
A Xunta licita por 1,2 M€ a rehabilitación integral do Colexio Camiño de Santiago, no Pino
Tal e como comprometera o conselleiro no verán, renovarase por completo a envolvente dos edificios, acadando un aforro enerxético e de emisións dun 30%
Ángeles Vázquez salienta a concesión de máis de 1,8 M€ en axudas para preservar, recuperar e mellorar o patrimonio dos espazos protexidos de Galicia
Este ano outorgáronse 159 achegas para realizar estudos e investimentos sobre biodiversidade, potenciar servizos ecosistémicos e conservar hábitats, paisaxes e elementos patrimoniais tradicionais
A Xunta cede un local á Federación Alzhéimer Galicia para a instalación da súa nova sede en Santiago de Compostela
Fabiola García agradece á entidade “o seu apoio e colaboración constante”, así como o seu labor na atención a 5.000 familias galegas
A Xunta pecha esta fin de semana en Curtis a nova quenda da convocatoria dos cursos gratuítos de condución segura de motos
A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, asistiu hoxe á primeira das catro xornadas formativas que se celebran hoxe e mañá domingo no Polígono Industrial de Teixeiro