Actualidade
Buscador de novas
A Xunta financia actuacións de 167 entidades do terceiro sector a través das axudas con cargo ao 0,7% do IRPF
Destínanse 34,7 millóns de euros a financiar 773 programas e investimentos de entidades de toda Galicia
A Xunta pon en valor a aposta da Federación Down Galicia pola formación e o acompañamento de cara á inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade
José González gabou o seu afán por facilitar o acceso ao emprego das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, mellorando a súa cualificación e acompañándoas na incorporación e mantemento no mercado laboral
A Xunta felicita a HC San Rafael por impulsar desde hai máis de 75 anos un belén tradicional elaborado polo persoal e os usuarios da entidade
A entidade conta na actualidade con varios centros que dispoñen de 188 prazas públicas financiadas pola Xunta para persoas con discapacidade, cun investimento anual de 2,9 M€
A Xunta incrementa ata os 1,2 M€ as axudas á contratación de persoas con discapacidade en Ferroltera a través de centros especiais de emprego
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá en Narón a asesoría Servigami, unha das entidades beneficiadas coa ampliación do crédito orzamentario da que foi obxecto esta convocatoria da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A Xunta participa na 30 edición do certame autonómico de Tarxetas de Nadal de Special Olympics Galicia
Presentáronse máis de 900 deseños elaborados por usuarios dunha trintena entidades sociais especializadas na atención á discapacidade intelectual
O delegado territorial visita aos usuarios do centro ocupacional para a atención de persoas con discapacidade psíquica de Verín no seu 25 aniversario
Manuel Pardo destacou o apoio da Xunta a esta asociación coa que colabora no financiamento de 17 prazas cunha achega de máis de 205.000€ anuais, co fin de mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 18 anos con discapacidade intelectual e das súas familias
Fabiola García coñece a localización que o Concello de Outes propón para a creación dun centro residencial para persoas con discapacidade
A conselleira de Política Social e Igualdade lembrou o compromiso da Xunta coa atención ás persoas maiores, dependentes e á infancia deste municipio
A Xunta felicita á entidade Dano Cerebral Santiago por 25 anos sendo un referente no apoio ás persoas con discapacidade e ás súas familias
A conselleira puxo en valor a historia da asociación, que “conseguiu situarse como unha entidade de referencia en toda a comarca de Santiago “, atendendo e dando apoio a 1.000 familias