Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 37.040 novas da área temática Áreas temáticas:

04/07/2026 | 12:34 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca a Tarxeta Benvida e o Carné +65 como medidas de referencia no apoio ás familias e ao envellecemento activo

A conselleira de Política Social e Igualdade visitou esta mañá un establecemento da Pobra do Caramiñal adherido a estes programas

04/07/2026 | 12:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a contribución das cooperativas á economía galega cunha facturación anual de arredor de 3.400 M€

José González destaca o auxe deste modelo, que en Galicia supera as 2.000 cooperativas activas, e a aposta autonómica neste eido, que se verá reforzada coa nova Lei de cooperativas na que está traballando o Goberno galego

04/07/2026 | 12:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta impulsa a formación musical da rapazada cun festival de bandas populares con máis de 500 participantes e 12 agrupacións de toda Galicia

O certame celebra no Gaiás a súa novena edición reunindo intérpretes de bandas de música infantís e xuvenís das catro provincias

04/07/2026 | 12:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta a concienciación ambiental como ferramenta clave para promover hábitos responsables e mellorar a separación de residuos

Explica que cando se fai unha correcta separación e cada refugallo vai ao contedor axeitado aumenta a calidade da recollida selectiva, recupéranse máis materiais para darlles unha segunda vida e redúcese a necesidade de consumir novos recursos

04/07/2026 | 12:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 600.000 euros a Amicos para impulsar a transformación dixital da atención a persoas con discapacidade intelectual e dano cerebral

A achega servirá para financiar a compra de equipamento tecnolóxico destinado a mellorar a autonomía dos usuarios e para equipar a ampliación do fogar residencial

04/07/2026 | 11:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance na conversión en autovía da vía de altas prestacións Brión-Noia fará preciso o corte dos ramais do enlace de Urdilde en Rois, en sentido Santiago

Trátase da obra en execución do treito de 4,9 quilómetros da CG-1.5, entre Brión e o enlace de Urdilde, ao que a Xunta destina un investimento dos 11,2 M€

04/07/2026 | 10:49 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde e a fundación Érguete-Integración renovan a súa colaboración para a incorporación social da poboación reclusa con trastornos adictivos

A Consellería de Sanidade financia con 126.143 euros programas e actividades de inserción da poboación que estivo no cárcere