Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.935 novas da área temática Cultura:

03/09/2025 | 13:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos presenta a temporada 2025-2026 do Centro Dramático Galego como punto de encontro do sector, concellos e cidadanía

A compañía institucional produce ou coproduce 14 novos espectáculos, co foco posto na dramaturxia galega e mesturando linguaxes escénicas e xeracións 

02/09/2025 | 13:25 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos pon en valor a Orquestra Sinfónica como “referente da música de alto nivel en Galicia e España”

A formación ofrece 33 concertos no seu programa de abono no Palacio da Ópera da Coruña, ademais de actuacións noutros puntos da Comunidade e fóra dela

02/09/2025 | 12:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta levará no mes de outubro a Bos Aires os concertos de Luz Casal e Baiuca no marco do programa 'Saborea Galicia Calidade’

Ambas actuacións formarán parte dunha iniciativa máis ampla de actividades arredor de Galicia na capital arxentina, que incluirá cultura, gastronomía, catas e outras propostas que se irán detallando proximamente

02/09/2025 | 12:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O FICBUEU programa curtas dunha trintena de países e unha ampla escolma galega co apoio da Xunta

É un dos 10 certames cofinanciados en 2025 pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da convocatoria de axudas a festivais audiovisuais, dotada con 300.000 euros

01/09/2025 | 15:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta despide a mostra de Úbeda no museo Gaiás cun concerto de cámara dirixido por Rogelio Groba Otero

A actuación, prevista para o sábado 6 de setembro, ás 12,00 horas, inspírase no protagonismo da música no universo do pintor pontevedrés

31/08/2025 | 12:37 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García avoga por prestixiar o uso do galego no eido litúrxico, familiar e en todos os contextos da sociedade

A iniciativa inclúe a substitución de tres lápidas funerarias escritas en lingua castelá por unhas escritas en galego, ademais da colocación dunha placa conmemorativa na entrada ao cemiterio

31/08/2025 | 09:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia a preto dun centenar de entidades de acción voluntaria para reforzar a solidariedade e o compromiso social

A convocatoria de axudas está dotada con máis de 130.000 euros para poñer en valor iniciativas de sensibilización, formación e coordinación

30/08/2025 | 15:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta difunde no Festival da Luz as actividades de ‘Van polo Clima’ para sensibilizar á mocidade sobre os retos ante o quecemento global

Ángeles Vázquez salienta que con esta iniciativa, que remata en Boimorto o seu percorrido por algúns dos principais eventos musicais do verán, se busca implicar aos máis novos no coidado e respecto ao medio ambiente de forma lúdica e festiva

30/08/2025 | 11:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra con veciños e visitantes a volta ao medievo de Ribadavia na festa da Istoria

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa na celebración declarada de Interese Turístico Nacional onde destaca a implicación “institucional e da sociedade”

30/08/2025 | 09:48 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

Belén do Campo participa no Festival de la Luz de Boimorto, unha cita solidaria e única no calendario musical galego

Este evento, impulsado pola cantante Luz Casal, converteuse nun punto de encontro imprescindible para os amantes da música e da cultura en Galicia