Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 815 novas da área temática i+D+i:

09/02/2023 | 14:36 | C. de Economía e Industria

Conde destaca a oportunidade que ten Galicia de impulsar a tecnoloxía como aliada da sustentabilidade

Salienta que o reto do tecido empresarial está en innovar en todo o que teña que ver coa eficiencia enerxética, a descarbonización, a economía circular e a optimización de procesos a través da dixitalización

09/02/2023 | 14:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a transformación dixital e sustentable dos comercios ourensáns

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe na cidade de Ourense os establecementos Turini Sport e Calzados Tilve, que participaron no programa de axudas para a modernización e a dixitalización co que o ano pasado se mobilizaron investimentos por máis de 630.000 € en 64 negocios da provincia

08/02/2023 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola transformación dixital e a colaboración con Trigal para optimizar procesos de xestión e atención ao cliente

A delegada da Xunta en Vigo visitou as instalacións da empresa viguesa e coñeceu de primeira man o proxecto para mellorar os procesos internos na compañía

08/02/2023 | 13:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta convida as PEMES ourensás a participar no programa de bonos de innovación para gañar en competitividade

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, adiantou nunha xornada desenvolta na Confederación Empresarial de Ourense que o Diario Oficial de Galicia (DOG) prevé publicar mañá a nova convocatoria desta iniciativa

08/02/2023 | 13:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove o investimento empresarial para que pemes e autónomos impulsen novos proxectos, diversifiquen produtos e melloren liñas de produción

O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou Lau Creaciones, empresa de Santiago de Compostela dedicada á comunicación gráfica que, grazas ao programa Galicia Inviste, adquiriu unha nova prensa dixital que lle permite competir en prezo, calidade e capacidade produtiva no mercado actual

07/02/2023 | 15:19 | C. de Economía e Industria

Galicia e Canarias avanzan no seu proxecto conxunto de observación da biodiversidade con vehículos non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, reuniuse co xerente do Parque Tecnolóxico de Fuerteventura, Eduardo Pereira, para sentar as bases do proxecto e afianzar os detalles da colaboración entre as administracións

05/02/2023 | 10:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Un total de 160 investigadores realizarán estadías e publicacións científicas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal grazas ao programa ‘Iacobus’

Das máis de 300 candidaturas presentadas, seleccionáronse 102 para modalidade de estadías de investigación e 50 para a de publicacións

04/02/2023 | 12:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca a cuarta edición do programa Ignicia para poñer en valor a investigación galega e impulsar a chegada do coñecemento ao mercado

A convocatoria, dotada con preto de 4 millóns de euros, prevé apoiar ao redor de oito proxectos cos que se busca axudar á creación de novas spin-offs e acordos de licenzas de comercialización da tecnoloxía xerada en Galicia

01/02/2023 | 12:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora con Viaqua e Cetaqua na posta en marcha dun centro de investigación para obter auga reutilizable e producir hidróxeno verde e biometano

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Santiago de Compostela na presentación da iniciativa

31/01/2023 | 16:31 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda aposta pola colaboración público-privada para sacar proveito das oportunidades que se lle presentan a Galicia

Reclama “unidade” para saldar as “débedas” coa Comunidade e “apoio” ás empresas que crean riqueza