Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 950 novas da área temática Vivenda:

04/01/2024 | 15:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 425.000 € a redacción dos proxectos e a dirección das obras para construír 66 vivendas de promoción pública en Ourense

As VPP edificaranse en 3 parcelas adquiridas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo á Sareb na capital ourensá, cun investimento total previsto que superará os 12 M€

03/01/2024 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Trenor informa aos representantes das familias numerosas que as axudas ao alugueiro convocaranse por 20 M€ e poderán solicitarse a partir do 15 de xaneiro

O delegado trasladoulles que a convocatoria para 2024 conta cun orzamento anual de 10 M€ para este ano e doutros 10 M€ para 2025

29/12/2023 | 14:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por 3,8 M€ a rehabilitación de 17 vivendas para alugueiro social en Mondoñedo, Viveiro, Ourense e Ribadavia

Os inmobles foron adquiridos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do Programa Rexurbe e están emprazados nos conxuntos históricos destes concellos

28/12/2023 | 15:01 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
27/12/2023 | 12:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por 3,3 M€ as obras de rehabilitación e construción de 13 vivendas para alugueiro social en Ferrol Vello

O contrato, que sae a concurso hoxe na plataforma de contratos de Galicia, suporá a rehabilitación de cinco edificios e a construción doutro novo para dispoñer dun total de 13 vivendas, 11 rochos e un local

21/12/2023 | 15:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste preto de 700.000 euros no mantemento dun inmoble de vivendas de promoción pública da rúa Ribeira Sacra da Coruña

O Instituto Galego da Vivenda e Solo licitou as obras para substituír a cuberta e realizar outras actuacións coas que corrixir as humidades do edificio

20/12/2023 | 13:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o papel do Plan Hurbe na humanización e desenvolvemento dos núcleos rurais de concellos como Outeiro de Rei

Ángeles Vázquez lembra que este programa, que permitiu financiar máis de 420 proxectos desde 2010 por importe de preto de 170 M€, conta cun orzamento para o vindeiro ano de 8 millóns de euros

20/12/2023 | 12:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta investirá case 200.000 € no mantemento do inmoble de vivendas de promoción pública da rúa Teixugueiras 15-17, en Vigo

O Instituto Galego da Vivenda e Solo licitou as obras para reparar as xuntas de selado entre paneis da fachada e o illamento da carpintería das fiestras que estea deteriorado