Actualidade
Buscador de novas
A Xunta arranca hoxe a ampliación dos Bonos Activa Comercio coa previsión de mobilizar máis de 11 M€ en vendas nos negocios de proximidade
Esta sexta edición da iniciativa volve con 2,5 M€, tralo éxito acadado e esgotarse en pouco máis de dous días os 2,5 M€ destinados inicialmente
A Xunta activa mañá a ampliación do Bono Activa Comercio con outros 2,5 M€ para atender á demanda tanto do tecido comercial como da cidadanía
As persoas que xa descargaran os seus bonos desta 6º edición -agora ampliada- e non os gastasen, teñen dende mañá unha nova oportunidade para empregalos
A Xunta pon a “Artesanía, saber e sabor” como punto de partida do proxecto piloto de dinamización do tecido comercial de vilas galegas que implantará en 2025
José González destacou que o evento deste fin de semana en Ribadavia fai uso efémero de baixos comerciais en desuso cun amplo programa no que se mestura a tradición e a innovación, parte da filosofía do que será o programa Vilas Vivas
Rueda enmarca a ampliación dos Bonos Activa Comercio dentro do compromiso da Xunta co sector e cos autónomos
Sinala que o papel do comercio vai máis aló do económico, enchendo de vida vilas e cidades todos os días do ano
Rueda anuncia unha ampliación da última edición dos Bonos Activa Comercio por valor de 2,5 M€
Avanza que esta medida responde á demanda de establecementos e cidadáns, pensada para axudar ao comercio e autónomos
Galicia gaña máis de 17.500 afiliacións na comparativa anual e baixa o paro a un ritmo maior que o estatal
A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a caída supera á estatal en 1,75 puntos
A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da praza de abastos e na súa certificación como mercado excelente
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo galego para potenciar estes espazos esenciais no comercio de proximidade
A Xunta pon en valor en Lalín a importancia de colaborar co tecido comercial para revitalizar as rúas no Nadal e impulsar as vendas de proximidade
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no acto de acendido das luces de Nadal deste concello pontevedrés e na inauguración dos escaparates máxicos, unha iniciativa que conta co apoio do Executivo galego