Actualidade
Buscador de novas
A Xunta supera os 4.600 proxectos atendidos na Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que conta con 15 centros espallados polo territorio
En concreto, hai oficinas en Ferrol, Coristanco, Melide, Vilanova de Arousa, Silleda, O Porriño, Friol, Mondoñedo, A Fonsagrada, Sarria, Monforte de Lemos, Verín, O Carballiño, O Barco de Valdeorras e Baños de Molgas
A Xunta pon en marcha a sétima edición do programa ´Merca no teu comercio´ para impulsar o sector en novas localidades das catro provincias
Do 1 ao 15 de setembro desenvolverase esta acción dinamizadora nos concellos de Miño, Pontedeume, Poio, Meaño, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros, A Pobra de Trives, A Teixeira, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Parada de Sil e San Xoán de Río
O obradoiro dual Salvaterra Emprega IV forma a 20 persoas desempregadas e crea un xardín vertical
A delegada territorial, Ana Ortiz, asistiu á clausura da última edición do curso que financia a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A Xunta entrega os diplomas ao alumnado do obradoiro dual de emprego compartido por Láncara, Samos e Paradela
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na clausura do taller, financiado pola Administración autonómica con 412.000 euros e centrado nas especialidades de xardinería e mellora de montes
A Xunta destaca a aposta pola contratación de persoas de colectivos prioritarios cos preto de 20 M€ do programa Galicia Emprega 2025
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou hoxe en Vilagarcía a fábrica de maquinaria Thune Eureka, beneficiaria de case 21.000 € no marco desta orde para poder contratar dúas persoas mozas e unha maior de 52 anos
A Xunta destaca a eficacia do programa Retorna Cualifica Emprego para atraer talento exterior e cubrir vacantes en sectores estratéxicos
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou a empresa de carpintería Ramón García, participante nesta iniciativa do Goberno autonómico que facilita a inserción laboral dos galegos residentes no exterior
A Xunta reforza o compromiso co tecido autónomo afectado polos lumes e analiza liñas de apoio para paliar o seu impacto en coordinación co sector
A xuntanza, que contou con representantes de APE Galicia, ATA e Agtamar-UPTA, tivo como obxectivo avaliar as consecuencias dos incendios na actividade dos profesionais por conta propia e recoller as necesidades presentes e futuras do colectivo
A Xunta pon en valor as 140 entidades beneficiadas de preto de 2,6 M€ este ano para a consolidación e impulso das entidades da economía social
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social visitou hoxe en Cangas a empresa de fisioterapia Sportlife Fisio, unha sociedade limitada laboral á que se lle outorgou unha axuda de 30.000 euros para a adquisición dunha bomba diamagnética
A Xunta mantén aberto ata o 30 de setembro o prazo para solicitar as axudas para autónomos a través da nova convocatoria unificada
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a empresas Excavaciones Chicho SL, unha beneficiarias do programa Bono Autónomo no ano 2024, incluído nesta convocatoria