Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inclúe no novo Catálogo de bens de valor cultural no litoral un total de 1.582 construcións
De todos os elementos inventariados ao longo da costa galega, máis da metade serían susceptibles de novos usos compatibles coa conservación dos seus valores
Valentín García destaca o impulso “dos vencellos culturais coa lusofonía” do Festival aRi(T)mar
O secretario xeral da Lingua participa na presentación da gala na que se entregarán os premios deste proxecto que impulsa a música e poesía galego-portuguesas
López Campos destaca a labor do persoal bibliotecario como “fonte de inspiración para toda a sociedade”
Os proxectos ‘Biblioverán 2023-2025’ da Biblioteca de Soutomaior e ‘Paseos librescos’ da Biblioteca de Betanzos foron os galardoados nesta convocatoria
A Xunta renova o seu apoio ao ‘Castañazo’ de Chantada, que celebra a súa 20ª edición o venres e o sábado
A Delegación Territorial de Lugo acolleu a presentación do festival, que inclúe unha decena de concertos de grupos galegos e actividades paralelas para todas as idades
A segunda edición do Hematofesti chega en novembro a Vigo como reclamo para o público familiar este outono co apoio da Xunta
A iniciativa incluirá un ciclo de curtametraxes infantil, humor, literatura, cine, música, cultura e creatividade para todos os públicos
A Xunta amosa a escolares de Santiago os oficios da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas no marco do proxecto ‘Artesanía na escola’
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia visitou hoxe o CPR Compañía de María para asistir ás demostracións da zoqueira Elena Ferro e do artesán Xosé Manuel Sanín, que protagonizan as dúas primeiras unidades didácticas deste programa autonómico
A Xunta impulsa no Gaiás un foro de arte e cultura dixital con figuras de referencia internacional
O encontro congregará en novembro na Cidade da Cultura a creadores, empresas, institucións e festivais líderes neste eido, con máis dunha vintena de relatores e propostas artísticas procedentes de España, Portugal, Italia, Francia, ou O Xapón
Ana Ortiz destaca o “carácter internacional” do Premio de Poesía Carlos Oroza que “traspasa fronteiras” e leva Vigo e o seu casco vello a máis de 35 países
A delegada territorial da Xunta participou este venres na gala de entrega dos galardóns no Museo do Mar de Galicia
O espectáculo do Centro Dramático Galego ‘A serie clopen’ despídese de Santiago De Compostela cun novo éxito de público
A unidade teatral da Xunta volverá colgar esta fin de semana o cartel de “entradas esgotadas” nas tres últimas funcións da súa produción no Salón Teatro, onde terá sido vista por unhas 5500 persoas desde a súa estrea o 11 de setembro