Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.743 novas da área temática Emprego:

16/08/2025 | 09:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta financia a contratación de 102 investigadores predoutorais cunha achega de máis de 12 M€ ata 2029

A Consellería de Educación adxudica os contratos de 2025 para que 90 investigadores traballen nas universidades públicas (59 na USC, 17 na UVigo e 14 na UDC) e outros 12 o fagan en organismos públicos de investigación

15/08/2025 | 10:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia a transmisión de negocios en prol da remuda xeracional cunha liña específica de máis de 1 M€ dentro da orde unificada de axudas aos autónomos

Trátase dun dos cinco programas enmarcados na convocatoria única para este colectivo lanzada por primeira vez este ano cun orzamento global de máis de 40 M€

14/08/2025 | 10:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsou máis de 160 accións de formación e para promover alianzas en prol da actividade emprendedora no primeiro semestre deste ano

Con estas actuacións, realizadas a través da Rede de polos de emprendemento, o Goberno galego busca promover fórmulas de emprendemento social e autónomo que contribúan a xerar emprego de calidade e a fixar emprego no rural

13/08/2025 | 13:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia no Pino un proxecto innovador de transformación láctea a través do polo de emprendemento de Melide

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, coñeceu de primeira man esta iniciativa da granxa Casa Eiras, que aposta pola diversificación da produción láctea mediante a elaboración de xeados artesanais

12/08/2025 | 14:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O prazo para adherirse ao programa Emega remata este 14 de agosto

A iniciativa beneficiou a máis de 2.000 proxectos e creou preto de 4.000 postos de traballo na última década

12/08/2025 | 13:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta a capacidade do programa Retorna Cualifica Emprego para impulsar o regreso dos galegos do exterior e cubrir vacantes no rural

O conselleiro salientou que esta iniciativa, enmarcada na Estratexia Galicia Retorna, exemplifica o modelo de captación de talento ordenado, planificado e integral que está a impulsar o Goberno autonómico

11/08/2025 | 14:41 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda anuncia a primeira convocatoria de axudas dunha nova liña para impulsar o relevo xeracional na pesca

Sinala que a iniciativa contribuirá a que os mozos e mozas “poidan ter esa primeira experiencia e que a tradición mariñeira de Galicia se manteña con sabia renovada”

11/08/2025 | 12:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que segue aberto o prazo para solicitar as axudas ás unidades formativas en empresas para atender as necesidades de talento do tecido produtivo

Os apoios poden solicitarse ata o 30 de setembro e á convocatoria deste ano o Goberno galego destina 8 M€

11/08/2025 | 09:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza con nova formación o labor do campus de igualdade laboral do que forman parte máis de 8.000 persoas usuarias

Entre setembro e decembro deste ano prevense levar a cabo sete novos talleres formativos con temáticas de actualidade como a intelixencia artificial e o seu impacto na equidade de xénero así como dez cursos en materia de equidade no traballo