Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.150 novas da área temática Formación:

25/08/2024 | 10:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta duplica as axudas aos profesores para gastos por formación, en cumprimento do acordo sindical

Educación publicará esta semana a convocatoria para solicitar apoio por participar en actividades formativas tanto en Galicia como no resto de España e no estranxeiro

24/08/2024 | 10:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 1.256 novos profesores incorpóranse ás aulas logo de aprobar as oposicións deste verán

Román Rodríguez felicita aos docentes e deséxalles o mellor no seu labor: “Tedes nas vosas mans o máis valioso: a formación dos nenos e nenas, o futuro de Galicia”

23/08/2024 | 12:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza na distribución de microguías de emprendemento para diversificar os negocios en Galicia e favorecer a remuda

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social fixo entrega hoxe de varios exemplares na sede da Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) na Coruña

22/08/2024 | 10:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta inviste máis de 7,1 millóns de euros en 17 novos obradoiros de emprego duais en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que as accións aprobadas implican a 46 concellos e beneficiarán a 340 persoas sen traballo

22/08/2024 | 10:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo o pulo aos programas e axudas activos para dotar as empresas dos perfís profesionais que precisan

Na xuntanza tratáronse cuestións como o programa Retorna Cualifica Emprego, as Unidades Formativas para Empresas e os Bonos Talento Empresa

21/08/2024 | 13:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta formou no primeiro semestre do ano a máis de 5.000 persoas na xestión sostible dos residuos municipais a través de Sogama

Estas accións chegaron a distintos municipios das catro provincias galegas para dar resposta ás necesidades trasladadas por concellos, centros educativos e outros colectivos sociais na difusión de información sobre unha óptima xestión dos residuos

21/08/2024 | 09:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca 24 cursos de formación continua para o persoal dos servizos de emerxencias

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria, enmarcada no plan de formación continua da Academia Galega de Seguridade Pública e que suma 572 prazas

19/08/2024 | 14:32 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta a importancia da formación e a remuda xeracional na inauguración da V Escola de Iniciación de Futuros Gandeiros

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, animou á mocidade a seguir vencellada ao agro galego e apostar polo rural como “estilo de vida”

19/08/2024 | 10:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza coa Confederación Empresarial de Ourense no reforzo do tecido produtivo da provincia garantindo a remuda e a captación de talento

En compañía do director xeral de Comercio e Consumo, José González tratou cos empresarios ourensáns cuestións como o programa Retorna Cualifica Emprego, o Bono Remuda ou as microformacións adaptadas ás necesidades das empresas

16/08/2024 | 11:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 77 alumnos de 11 centros ven premiadas as súas ideas de negocio no concurso ‘Atrévete a ter unha idea’

Enmarcado no Plan Eduemprende da Xunta, o programa inclúe visitas a asociacións de empresarios e centros de FP