Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reforza a aposta pola conservación das estradas autonómicas coa licitación no que vai de ano de obras de mellora de firmes por importe de case 44 M€
Francisco Menéndez remarcou a importancia das redes viarias autonómicas para acadar a vertebración territorial, de modo complementario coa rede estatal
Belén do Campo destaca o investimento de 178.000 euros na mellora de infraestruturas rurais en Touro
A delegada da Xunta avaliou co alcalde as aportacións da Xunta que lle permitiron mellorar dous camiños de acceso a parcelas agrícolas, da anualidade 24-25, e supervisaron as zonas nas que se executaran novas intervencións coa axuda de preto de 85.000 euros que reciben para as anualidades 25-26
A conselleira María M. Allegue reúnese con veciños afectados polos lumes no concello do Bolo
A responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas visitou esta tarde o lugar de Celavente, onde coñeceu a situación da veciñanza afectada polos incendios
Belén do Campo visita a zona na que se construirá unha senda na AC-552 en Nantón en Cabana de Bergantiños que conta cun investimento que rolda os 425.000 €
A actuación é un itinerario peonil de 1,5 quilómetros de lonxitude e ten por obxectivo fomentar a mobilidade sostible e mellorar a seguridade viaria da estrada
A Xunta realiza melloras por importe de preto de 2 M€ nas súas escolas infantís de cara ao inicio do curso, que de novo é gratuíto para as familias galegas
O obxectivo é poñer á disposición das familias os mellores espazos para a atención e o coidado dos seus fillos e fillas
A Xunta imparte un curso sobre técnicas de construción industrializada para persoal da Administración Pública
A formación, que ten todas as prazas reservadas, busca dar a coñecer os beneficios das técnicas industrializadas aplicadas á construción e as diferentes metodoloxías de cara a xestionar este tipo de proxectos no sector público
A Xunta adxudica por máis de 330.000 euros a execución das obras dunha senda peonil en Pazos, no concello de Ponteceso
O obxectivo da intervención é a construción dunha senda peonil en Pazos, na marxe esquerda da estrada AC-419, entre o punto quilométrico 2+990 e o 3+350
O vindeiro luns 8 restablecerase o tráfico no enlace da Ramallosa da autovía AG-59
Abrirase o tramo cortado entre o enlace dos Verxeles e o da Ramallosa con motivo das obras de prolongación da AG-59, e os vehículos utilizarán parte do tronco do novo treito construído e os ramais de entrada e saída que xa estaban en servizo antes do corte da autovía iniciado en xullo
A Xunta licita por preto de 557.000€ as obras de mellora de espazos públicos en Muíños
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta licitación e establece un prazo de presentación de ofertas ata o 2 de outubro