Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca a importancia de que as entidades asentadas no territorio e coñecedoras do patrimonio das vilas costeiras participen no Foro do litoral
Ángeles Vázquez salienta que a súa contribución é vital para optimizar a xestión e a protección daqueles elementos de valor máis sensibles en cada zona ou adoptar medidas co fin de garantir a súa conservación futura
A Xunta subliña que o proxecto de recuperación de soutos e castiñeiros de Nogueira de Ramuín axudará a manter o sistema agroforestal do interior de Galicia
O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na presentación do proxecto Transformación bioeconómica forestal en Nogueira de Ramuín mediante a recuperación do bosque avellentado para o seu axeitado aproveitamento
A Xunta prevé executar en 2025 labores de conservación e limpeza en arredor de 550 km de ríos galegos para incrementar a súa resistencia ante posibles inundacións
Ángeles Vázquez salienta que o organismo hidráulico destinará 2,7 M€ o vindeiro ano á realización deste tipo de traballos, que inclúen a retirada de árbores caídas, limpeza de marxes, control de invasoras e eliminación de obstáculos das canles
M. Allegue inaugura o foro que abordará as claves da Axenda Territorial de Galicia para as vindeiras décadas
As xornadas desenvolveranse os vindeiros días na sede da Fundación RIA e contarán coas achegas de expertos do urbanismo, da mobilidade ou da vivenda
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá entre os días 22 e 24 deste mes a asemblea xeral da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se darán cita na cidade máis de 200 representantes de toda España grazas á implicación do Goberno galego
Belén do Campo destaca un novo apoio da Xunta de 145.000 euros para seguir potenciando o atractivo turístico do Concello de Dumbría
Este municipio recibiu tres axudas para mellorar as marxes no acceso ao miradoiro do Ézaro para renovar a pasarela no entorno da praia do Ézaro e para realizar un mapa en 3D do Concello
A Xunta financia con 17.000 euros melloras na sede da asociación veciñal de San Pedro de Seixas, en Cospeito
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se acondicionaron un aparcamento e unha zona exterior para actividades, entre outros traballos
A Xunta pon en marcha o novo Polo de Vilanova de Arousa, consolidando con 15 oficinas activas en toda Galicia a Rede de emprendemento e apoio ao emprego
José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos empresariais desde xullo de 2022, dos que preto de 800 foron na provincia de Pontevedra
López Campos salienta a importante participación de Galicia en Rutas culturais europeas que “testemuña o valioso patrimonio co que conta a Comunidade”
O titular de Cultura da Xunta pon en valor os itinerarios galegos recoñecidos polo Consello de Europa, como o do Camiño de Santiago ou da Arte rupestre prehistórica
Medio Rural incrementa ata os 2,37 M€ o orzamento das achegas para o fomento da boa gobernanza nos montes veciñais en man común e nos montes de varas
O aumento, que se recolle nunha orde publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), débese á boa acollida que tivo a convocatoria, co fin de dar resposta ao maior número de solicitudes posibles