Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.935 novas da área temática Cultura:

12/08/2025 | 12:28 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta adaptará unha estrutura en desuso dun dos edificios non construídos do Gaiás para dotar o museo e a biblioteca dun espazo de apoio loxístico

Cunha superficie de 1.000 m2, habilitarase sobre un dos muros do que ía ser o Teatro da Música e que ficou como un resto dese proxecto non levado a cabo

11/08/2025 | 12:50 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo destaca o Festival Groba como referencia para a música clásica e o impulso de novos talentos en Galicia

Esta cita homenaxea o legado do mestre ponteareán Rogelio Groba (1930-2022), un dos músicos e compositores máis distinguido do século XX

10/08/2025 | 22:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda participa na Solemne Procesión da Virxe Peregrina en Pontevedra

O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou na Solemne Procesión da Virxe Peregrina en Pontevedra.

10/08/2025 | 09:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O programa da Xunta ‘Cultura no Camiño’ afronta a súa recta final con máis de 90 actuacións de música e artes escénicas ao pé das rutas xacobeas

O público poderá gozar de concertos como os de Caamaño&Ameixeiras ou A Roda, o circo contemporáneo de AsSircópatas, a maxia do Mago Antón ou as propostas teatrais de Xarope Tulú ou A Cova das Letras

09/08/2025 | 10:37 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta celebrará no Gaiás a recta final do verán cunha ‘Cidade imaxinaria’ ateigada de xogos, maxia e espectáculos en familia

O tradicional festival da Cidade da Cultura celebrarase o 6 de setembro e reunirá 14 compañías de Galicia, Italia, Guatemala, Francia, Portugal, Cataluña e Madrid

08/08/2025 | 12:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca a importancia de Adro Vello “para entender como foi evolucionando Galicia ao longo dos séculos”

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude investiu 25.000 euros para dotar ao espazo arqueolóxico deste novo recurso coa colaboración da Arquidiocese de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo

07/08/2025 | 20:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo participa na gala de entrega do Premio Internacional de Composición "Portus Apostoli” no marco do Noia Harp Fest

A delegada da Xunta destacou que este certame, de carácter internacional, consolidouse como unha plataforma de referencia para a creación musical arredor deste instrumento

07/08/2025 | 13:09 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Sacra Festival volve contar co apoio da Xunta para unha nova edición multidisciplinar arredor da cultura, a natureza e a comunidade

Desenvolverase o 15 e 16 de agosto á beira do río Miño con artistas como Niño de Elche, Dulzaro, Beauty Venera, La Última Frontera, Alma García ou Janet Novas

06/08/2025 | 19:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo destaca na súa visita á Feira do Libro da Coruña o compromiso do Goberno galego coa lectura e co sector editorial

Este evento súmase ao calendario de feiras promovidas por toda Galicia, consolidándose como un dos principais escaparates da edición na nosa comunidade