Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina máis de 200.000 € en axudas a particulares de Ferrolterra para impulsar a madeira como elemento estrutural na construción
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, comprobou esta mañá o resultado das obras acometidas por unha veciña de Canido, beneficiaria de dúas achegas desta orde da Consellería do Medio Rural
A Xunta asina o Plan Estratéxico da Industria Forestal-Madeira para impulsar un sector clave na comunidade
Nace da colaboración co Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, a Asociación Provincial de empresarios da primeira transformación da madeira de Lugo e a Federación empresarial de aserradoiros e rematantes de madeira de Galicia
A Xunta destinará 24 M€ no 2024 para avanzar nos procesos de concentración parcelaria, ampliando o orzamento un 41 % por riba do ano pasado
José González sinalou que a Xunta leva investido un total de 118 millóns nos últimos 14 anos co obxecto de avanzar decididamente nesta materia
A Xunta avanza na colaboración coa mancomunidade de Montes de Vigo para mellorar a xestión do territorio forestal e a prevención de incendios
Os directores xerais de Planificación e Ordenación Forestal e de Defensa do Monte reuníronse hoxe con responsables desta entidade, coa que se manteñen xuntanzas de xeito periódico
A Xunta destina 3,5 M€ para previr os danos causados por incendios ou desastres naturais en bosques de montes veciñais e sociedades de fomento forestal
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras da convocatoria destas achegas da Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte
A Xunta promove un polígono agroforestal en San Xoán de Río que mobilizará máis de 96 hectáreas
José González trasladou que o polígono situarase nunha zona cunha forte tradición gandeira e na que existe unha gran demanda de terras para a cría de gando vacún en extensivo, polo que esta ferramenta irá orientada a satisfacer estas necesidades
A Xunta e a Fundación Paideia colaboran na mellora do material forestal de reprodución de frondosas autóctonas
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou hoxe en Oleiros na inauguración das xornadas “Un horizonte cheo de posibilidades para as nosas frondosas” que puxeron en valor esta cooperación
A Policía Autonómica esclarece dous incendios forestais nos concellos de Teo e Punxín
Os axentes comprobaron que o lume no municipio teense fora provocado polo presunto autor empregando gasolina nun monte próximo a vivendas e no caso do de Punxín orixinouse durante labores de roza sen respectar as medidas de seguridade