Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.422 novas da área temática Medio ambiente:

16/06/2025 | 14:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
15/06/2025 | 10:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por 231.000 euros a actualización e revisión dos mapas de perigosidade e risco de inundación na demarcación Galicia-Costa para o período 2028-2033

O servizo de apoio técnico a Augas de Galicia neste labor inclúe tamén a xeración de cartografía de inundabilidade en tramos de menor risco de asolagamento

14/06/2025 | 10:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por preto de 3,5 M€ o contrato para a explotación e mantemento das depuradoras de Cambados, a Illa de Arousa, Meaño e Ribadumia

Nel inclúense os traballos necesarios para que as instalacións se manteñan en condicións óptimas de funcionamento e cumpran os obxectivos de depuración das augas residuais dos núcleos de poboación da contorna

13/06/2025 | 14:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta emite declaración de impacto ambiental favorable sobre o proxecto dunha planta de fundición nas instalacións de Aluminios Cortizo en Coirós

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a iniciativa teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran as condicións fixadas na propia resolución autonómica e na documentación avaliada

13/06/2025 | 14:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Frades avanzan no deseño do proxecto para ampliar a ETAP de Ponte Carreira cun investimento de máis de 500.000 euros

Augas de Galicia e o Goberno local perfilan os últimos detalles para poder asinar proximamente o convenio de colaboración entre as partes no que o Executivo autonómico aportará o 80% do financiamento e o municipio o 20% restante

12/06/2025 | 15:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede preto de 3.000 axudas en cinco anos para corrixir impactos paisaxísticos cun investimento global de 16,5 M€

Ángeles Vázquez destaca que estas achegas para mellorar o estado de distintos inmobles e instalacións teñen cada vez máis demanda e que desde 2021 xa chegaron a 295 dos 313 municipios galegos, preto do 95% do total

12/06/2025 | 15:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e as asociacións de nais e pais de alumnos estudan fórmulas de colaboración para dar a coñecer os parques naturais galegos entre a rapazada

Coincidiron na importancia de promover iniciativas que contribúan a concienciar aos máis novos da necesidade de conservar os hábitats e a biodiversidade dos espazos naturais protexidos

12/06/2025 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 1,1 M€ á mellora de infraestruturas e servizos na Mariña a través de tres ordes de axudas a concellos

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Dirección Xeral de Administración Local resolveu algunhas das principais liñas que convoca anualmente

12/06/2025 | 14:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ofrece 368 rutas guiadas con arredor de 5.400 prazas para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas entre os meses de xuño e setembro

As rutas son de balde, pero as persoas interesadas deberán facerse cargo do custo do transporte ás illas e inscribirse previamente na web da central de reservas ou persoalmente o día da visita nas casetas de información que hai en Cíes e en Ons

12/06/2025 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta