Actualidade
Buscador de novas
O Consello Galego de Pesca aproba por unanimidade o ditame que rexeita a proposta da Comisión Europea sobre o novo marco financeiro plurianual 2028-2034
O documento é o resultado da unidade de acción do grupo de traballo, promovido pola Xunta, para deseñar unha estratexia que defenda a actividade pesqueira
A Xunta de Galicia investirá 1,4 millóns de euros para mellorar as condicións de traballo dos mariñeiros do porto de Combarro, en Poio
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou a dársena pontevedresa para informar á confraría de pescadores da licitación das obras de acondicionamento dos departamentos, cofinanciadas con fondos Fempa
Marta Villaverde sitúa a acuicultura como elemento clave na soberanía alimentaria e o desenvolvemento socioeconómico da costa galega
Galicia achega preto do 70 % da produción nacional, convertendo a España no principal produtor da UE
Marta Villaverde aborda coa Confraría de Cangas as necesidades do sector e liñas de colaboración en novos proxectos
O titular de Mar puxo en valor a papel labor desta entidade que participa no desenvolvemento dos proxectos Algaprox, Agasdet e RIFA no marco da rede de colaboración entre o sector e os centros de investigación mariña Redemar
Villaverde visita Rianxo e mantén encontros con entidades do municipio para analizar posibles novas actuacións neste concello coruñés
A conselleira do Mar visitou no porto rianxeiro o Club Náutico e a Confraría de Pescadores co obxectivo de estudar as necesidades actuais e abordar posibles vías de colaboración
A Xunta acorda co sector o regreso do libre marisqueo en Sada do 1 de decembro ao 5 de xaneiro
No encontro estableceuse o peche de Ares e fixouse un tope de 8 quilos de ameixa babosa por tripulante así como controis exhaustivos de talla, topes como de especie tanto no punto de control como por parte de Gardacostas de Galicia
Juan Carlos Codesido releva a Lino Sexto ao fronte de Gardacostas de Galicia
O motivo deste cambio nesta subdirección xeral é a recente xubilación do, ata agora, responsable deste departamento, dependente da Consellería do Mar, desde o ano 2009 e que é sucedido polo actual xefe de servizo de Protección de Recursos