Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo destaca o avance na tramitación coa súa exposición pública da senda peonil e ciclista da AC-211 entre Oleiros e Cambre que conta cun investimento de máis de 1,6 M€
A delegada da Xunta na Coruña visitou a zona na que se executará este itinerario que conectará Vilanova e A Seara, na parroquia de San Pedro de Nós, en Oleiros, e o núcleo rural do Pastel, na parroquia de San Xoán de Pravio, en Cambre
A Xunta destaca a eficacia dos programas integrados de emprego á hora de dotar de man de obra capacitada sectores económicos clave como o metalmecánico
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego participou hoxe en Vigo no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego 2025-2026 impulsado pola Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime)
López Campos erixe Galicia como unha "potencia e referente na creación artística contemporánea"
O representante do Goberno galego salienta as iniciativas do Goberno galego para proxectar o talento existente na Comunidade
Rueda aposta pola continuidade no Goberno galego e reivindica un “equipo que funciona”
Destaca a experiencia e o traballo previo de Ángeles Vázquez nas carteiras de Medio Rural e Medio Ambiente e Cambio Climático
A Xunta recibe 7 ofertas para construír 24 vivendas públicas na rúa Angelo Colocci en Lugo, cun investimento de 4,3 M€
O novo edificio contará con vivendas de 1, 2, 3 e 4 dormitorios, todas con garaxe e rocho
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue convida aos estudantes galegos a participar na recta final do reto 10.000 da Rede Española de Universidades Saudables
A UDC Saudable promove o XII Outubro Saudable que remata esta semana co obxectivo de incrementar as doazóns de sangue nas universidades galegas, así como promover a inscrición no Rexistro Español de Doantes de Medula Ósea
A Xunta publica a 2ª edición de 2026 dos Bonos Activa Comercio con outros 2,5 M€ de orzamento en descontos e un novo sorteo nas redes sociais
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta nova convocatoria do programa de dinamización da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que porá a disposición da cidadanía desde mañá ás 9,00 horas bonos desconto de ata 30 €
Martina Aneiros pon en valor a FP acelerada durante unha visita ao CIFP Fraga do Eume
A delegada da Xunta en Ferrol estivo esta tarde cos alumnos que cursan os certificados de Procesos básicos de pastelería e Sobremesas en restauración no centro de Pontedeume
Villaverde defende en Luxemburgo estabilidade nas cotas e celebra a reapertura do linguado para a frota galega
A conselleira do Mar pide á UE unha posición que protexa a frota e a industria conserveira galegas ante a reunión internacional do atún de novembro