Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.330 novas da área temática Comercio:

05/11/2024 | 13:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros anima a descargar o Bono Activa Comercio co que acceder a descontos de ata 30 euros nos negocios retallistas

Esta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está dotada dun orzamento de 2,5 M€ e prevé mobilizar 12 M€

04/11/2024 | 10:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta activa unha nova edición dos Bonos Activa Comercio dotada con 2,5 M€ para seguir impulsando as vendas nos negocios locais

José González destacou o impacto desta iniciativa que xa leva máis de 6.100 negocios adheridos nas catro provincias e que prevé mobilizar 12 millóns de euros en vendas cuns 72.000 bonos de desconto descargados en apenas dez horas

30/10/2024 | 20:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta participa no Carballiño na entrega de premios da campaña ‘Merca no teu comercio’ realizada na provincia de Ourense

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu ao sorteo especial de 1.000 euros correspondente á primeira edición desta iniciativa de colaboración coa Federación Galega de Comercio

30/10/2024 | 17:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta pola transmisión do oficio artesanal da sombreirería para garantir a remuda xeracional

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron hoxe en Santiago ao curso completo de sombreirería artesanal que imparte o artesán Félix de Martín ata o mes de xuño

29/10/2024 | 19:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta participa na entrega de premios da campaña ‘Merca no teu comercio’ celebrada na Coruña

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto coa delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, asistiu ao sorteo especial de 1.000 euros correspondente á primeira edición desta iniciativa de colaboración coa Federación Galega de Comercio

28/10/2024 | 18:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza a captación de talento co investimento de máis de 11 M€ en 2025 de cara a cubrir vacantes e mellorar o tecido produtivo galego

Dentro da iniciativa, José González debullou medidas novas a prol da volta de galegos como arredor de 2M€ para rehabilitar vivendas vinculados ao Retorna Cualifica Emprego, sumados ás bolsas BEME ou ás axudas extraordinarias ao retorno que soben 

28/10/2024 | 13:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta eleva a 180 as persoas beneficiarias da segunda fase do proxecto pioneiro de arraigamento por formación para migrantes ao sumar á ONG Rescate Internacional

O Consello do Goberno galego autorizou a sinatura dun convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e esta entidade, que se une aos xa en marcha con Cáritas Federadas en Galicia, Cáritas de Lugo e as Escolas Familiares Agrarias

25/10/2024 | 15:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta resalta en Sagunto a aposta estratéxica de Galicia polo comercio local como eixo fundamental de desenvolvemento social e económico

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no XII Congreso Internacional de Cascos Históricos para poñer en valor o papel do comercio no dinamismo de barrios, vilas e cidades

25/10/2024 | 11:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Aitor Martínez, Julia de la Cal e Santiago Besteiro competirán polo Premio Artesanía de Galicia 2024

O director xeral de Comercio e Consumo presidiu a reunión do xurado destes galardóns que buscan estimular a creatividade dos artesáns galegos, recoñecer a súa traxectoria e incentivalos a mellorar con especial atención ás novas xeracións