Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.115 novas da área temática Formación:

11/06/2024 | 11:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en marcha unha campaña para alertar sobre os riscos do manexo do tractor co foco no rural

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado pola xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja,  presentou hoxe a iniciativa autonómica

06/06/2024 | 20:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a formación que ofrece o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia para captar e reter talento no sector TIC da comunidade

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou esta tarde en Santiago de Compostela o CNTG, onde departiu con profesorado e alumnado e asistiu a un relatorio a cargo do experto en innovación Alfons Cornellá

03/06/2024 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca 13 bolsas de formación en materia de vivenda para titulados universitarios

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con máis 196.800 euros para financiar esta iniciativa formativa, incluíndo tamén a achega á Seguridade Social

30/05/2024 | 18:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta apunta á importancia do talento e da formación como recursos máis valiosos para garantir a competitividade do tecido empresarial

A directora do Igape, Covadonga Toca, clausura o primeiro curso da Escola Galega de Conselleiros, do que destaca a súa aposta por ofrecer unha formación “continua e específica” para os dirixentes das empresas familiares galegas, que supoñen o 92% do tecido empresarial da Comunidade 

30/05/2024 | 11:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia aposta polo benestar e a igualdade laboral coa estratexia de seguridade e saúde no traballo

A xerente do Issga interveu hoxe na apertura do foro Novos retos en seguridade e saúde laboral: envellecemento poboacional, perspectiva de xénero e cambio climático, organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo

29/05/2024 | 16:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Martina Aneiros destaca a implicación de Nervión Naval Offshore no impulso da FP dual en Ferrolterra

Actualmente completan a súa formación académica un total de 44 alumnos de sete programas formativo de FP Dual da zona

29/05/2024 | 12:28 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica os horarios para as probas da fase de oposición na categoría de persoal médico de familia de atención primaria

Ás probas, que se realizarán no Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, o día 23 de xuño pola mañá, están convocados 606 aspirantes

29/05/2024 | 11:44 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia colaboran no fomento das vocacións tecnolóxicas entre os máis novos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica e o CPETIG desenvolverán seminarios e obradoiros sobre programación e profesións dixitais para nenos e nenas de 7 a 15 anos

26/05/2024 | 10:16 | C. do Medio Rural

Medio Rural afianza a súa aposta pola formación para persoal de incendios cun curso de seguridade para bombeiros forestais condutores de motobomba

As xornadas están organizadas en catro edicións online e 21 sesións prácticas; cada unha delas ten unha duración de 20 horas en modalidade mixta, con 15 horas de teleformación e unha práctica presencial