Actualidade
Buscador de novas
Román Rodríguez salienta que a Feira do Salnés ratifica o nivel do alumnado galego en ciencias e conciencia medioambiental
O conselleiro de Educación visitou esta cita promovida polo IES Armando Cotarelo Valledor, na que participan dez centros de cinco concellos
A Xunta licita a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais en Barro, por un importe de preto de 3,2 M€
Esta nova infraestrutura, que se prevé que estea rematada no segundo semestre do próximo ano, dará servizo a unha poboación equivalente de 2.631 habitantes con horizonte no ano 2044
A primavera climatolóxica de 2025 na comunidade galega foi moi cálida e húmida
A temperatura media foi de 13,3 graos, 1 grao máis que o habitual neste período
A Xunta contribúe á repoboación dos ríos lucenses coa solta de preto de 300.000 alevíns de troita en 2025
Ángeles Vázquez explica que os exemplares que se soltaron hoxe neste afluente do río Miño foron criados no centro ictiolóxico do Veral, en Lugo, teñen catro meses de vida e un tamaño de entre catro e cinco centímetros
A Xunta completa a autorización das repotenciacións voluntarias de nove parques eólicos para suprimir 286 aeroxeradores e elevar a produción un 35 %
O Executivo galego asinou esta semana a autorización da última destas iniciativas, permitirá reducir de 25 a 4 as máquinas instaladas no parque Castelo, entre os concellos coruñeses de Coristanco, Tordoia, Santa Comba e Val do Dubra
120 estudantes de centros educativos do Xurés coñecen o Parque Nacional das Illas Atlánticas no marco do programa da Xunta ‘Parqueando Galicia’
Ángeles Vázquez anuncia que o vindeiro curso esta actividade se ofrecerá a centros de ensino localizados na área de influencia doutro parque natural e estúdase ampliar esta iniciativa para que colexios do ámbito do Parque Nacional tamén poidan coñecer outros espazos naturais protexidos de Galicia
A Xunta reforza con 333.000€ o orzamento inicial das axudas para auditar as redes de abastecemento municipais co obxectivo de atender todas as solicitudes
O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe a resolución pola que se amplía o crédito da orde de subvencións convocada por Augas de Galicia a finais do mes de febreiro
Ángeles Vázquez salienta a profesionalidade, rigor e servizo punteiro que ofrece o equipo de Meteogalicia como aval para asumir máis funcións no futuro
A conselleira lembra que a Xunta está a reclamar ao Goberno central o traspaso das competencias no eido meteorolóxico e que aspira a referendar a confianza que ofrece este servizo ampliando o seu labor ao abeiro da Lei do Clima
A Xunta impulsa unha intervención artística no Gaiás que recupera refugallos plásticos industriais para darlles unha segunda pel ás Torres Hejduk
‘Plastic biontes’ é unha creación do colectivo Basurama que nos convida a repensar que o lixo non sexa só un residuo, senón tamén unha ferramenta creativa e crítica
O colexio Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense e o CEIP Virxe de Guadalupe de Avión gañan a sexta edición do concurso escolar de reciclaxe Pilabot
O alumnado dos 150 centros participantes este curso na iniciativa promovida pola Xunta recolleron un total de 47.779,70 kg de pilas, acumuladores e baterías usadas