Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.669 novas da área temática Mar:

13/12/2024 | 12:37 | C. do Mar

A Cidade da Cultura reúne a 200 expertos nun encontro dos sectores do mar cos científicos do programa de ciencias mariñas de Galicia

A xornada, que foi inaugurada polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, congregou a investigadores e a representantes da administración autonómica, sectores produtivos e organizacións do mundo do mar

12/12/2024 | 17:58 | C. do Mar

Villares destaca o compromiso de ARVI ao longo dos seus 60 anos de existencia para converter a Vigo na capital europea da pesca

Apunta que o esforzo das organizacións, asociacións e traballadores que a integran foi decisivo para situarse na vangarda da competitividade

12/12/2024 | 14:31 | C. do Mar

A Xunta impulsa con outros 2,6 M€ a modernización tecnolóxica das lonxas e do seu proceso de comercialización

O esforzo inversor da Administración galega contribúe a unha xestión máis eficiente do sector pesqueiro tanto nas vendas como na trazabilidade dos produtos, incrementando a seguridade alimentaria

11/12/2024 | 17:10 | C. do Mar

Villares remarca que o Goberno central nin fixo o seu traballo nin negociou correctamente o reparto de cotas do Gran Sol

Lamenta que o Executivo se congratule da negociación, cando nin tan sequera tivo en conta as cuestións que indica a sentenza do TXEU, relativas a que a distribución dos límites ten que corresponderse coas características socioeconómicas de cada zona

11/12/2024 | 12:34 | C. do Mar

A Xunta contribúe a preservar o legado vinculado ao mar co `Plan de Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030´

O documento recolle 100 medidas que contribúen a avanzar no coñecemento, preservar e poñer en valor este legado tanto en Galicia como no exterior

10/12/2024 | 14:45 | C. do Mar

Galicia e a Bretaña francesa afianzan relacións e estudan accións conxuntas en defensa e valorización da actividade pesqueira europea

Villares e Cueff acordaron traballar na elaboración dun memorando de entendemento no que poñer as bases para a colaboración en materia formativa

10/12/2024 | 13:54 | C. do Mar

A colaboración da Xunta coa USC permite obter estirpes de berberecho resistentes á baixa salinidade

No proxecto de investigación tamén participan a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra e as de Vilaxoán, Moaña e as que xestionan a lonxa de Campelo, así como o Acuigen

09/12/2024 | 20:01 | C. do Mar

Villares apela á responsabilidade do Goberno para reformular a proposta do ICES que recorta as capturas de especies de gran interese para a frota galega

Consciente de que son horas decisivas para a actividade marítimo-pesqueira, pois o acordo do ano pasado foi prexudicial para o sector, insiste nun reparto máis equilibrado e equitativo, xa que o fin último debe ser garantir a súa competitividade e facer cumprir a sentenza do Tribunal de Xustiza europeo

08/12/2024 | 13:24 | C. do Mar

Alfonso Villares viaxa a Bruxelas para seguir o Consello de Agricultura e Pesca da Unión Europea no que se decide as TAC e cotas para o 2025

O responsable autonómico manterá, de xeito paralelo, unha axenda de encontros con representantes comunitarios e do sector co obxectivo de explicar a posición do Goberno galego neste novo mandato comunitario   

07/12/2024 | 15:00 | C. do Mar

Villares destaca a Festa do Marisco da ría do Barqueiro como referente na exaltación da calidade dos produtos marítimo-pesqueiros

Sitúa o evento gastronómico, que este ano chega á trixésimo cuarta edición, como un referente na exaltación da calidade dos produtos que saen desta ría