Actualidade
Buscador de novas
A Xunta entrega en Ortigueira os premios da sexta campaña de ‘Merca no teu comercio’ na Coruña co obxectivo de apoiar o consumo de proximidade
O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe no acto que implicou, ademais de a Ortigueira, os concellos de Cedeira e Cariño
A Xunta destaca a importancia dos obradoiros duais de emprego para protexer o patrimonio natural e impulsar novas oportunidades profesionais
José González puxo en valor os 421.000 euros que o Goberno galego destinou a esta iniciativa que aglutina os concellos coruñeses de Abegondo, Bergondo, Carral, Oza-Cesuras, Paderne e Sada
A Xunta clausura o obradoiro dual que impartiu as especialidades de xardinería e turismo en Portomarín, Palas de Rei e Monterroso
O delegado territorial, Javier Arias, entregou os diplomas ao alumnado participante no taller, financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con 418.000 euros
A Xunta entrega os diplomas ao alumnado do obradoiro dual de emprego compartido por Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na clausura do taller, financiado pola Administración autonómica con 412.000 euros e centrado na especialidade de xardinería
A Xunta ofrece bolsas para cursar un máster a titulados universitarios en desemprego
As axudas, que o curso pasado beneficiaron a 105 estudantes, poden solicitarse ata o 6 de outubro e cobren o importe das materias matriculadas ata un máximo de 60 créditos
A Xunta pon en valor o obradoiro de emprego dual cos concellos de Valga, Moraña e Portas para avanzar na empregabilidade do sector forestal e da carpintaría
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe no acto de clausura do obradoiro ao que o Goberno galego destinou 412.000 €
A Xunta investiu preto de 1,7 M€ nos obradoiros duais de emprego na comarca do Salnés
A provincia de Pontevedra contou con 20 obradoiros duais de emprego que formaron a preto de 400 persoas desempregadas grazas a un orzamento de máis de 8 millóns de euros
Galicia consolídase entre as comunidades autónomas nas que máis medra o emprego en I+D no último ano
Un informe da Fundación Cotec para la Innovación coloca a Galicia en terceira posición en España cun aumento do 6,3% no último ano fronte a media estatal do 4%
A Xunta clausura o programa integrado de emprego da mancomunidade de concellos de Ferrol que logrou a inserción laboral do 38% das súas participantes
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá ás participantes do último curso formativo sobre capacidade emprendedora que se impartirá ao abeiro deste programa