Actualidade
Buscador de novas
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas avanza cambios lexislativos para dar máis axilidade e seguridade xurídica ao ordenamento territorial
Anuncia que o Goberno galego acometerá os axustes precisos na Lei do Solo, na Lei de Ordenación do Territorio, na Lei de Vivenda, na Lei de Rehabilitación e nas Normas de Habitabilidade para axilizar os prazos nos procedementos de desenvolvemento de solo e execución ou rehabilitación de vivendas, garantindo a seguridade xurídica
A Xunta ten aberto ata o 2 de xullo o prazo de solicitude das axudas a comunidades de veciños para a rehabilitación de edificios de vivendas protexidas
A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, informou da convocatoria durante a visita a un inmoble rehabilitado con cargo a esta liña de axudas da Consellería de Vivenda e Planificación de infraestruturas dotada dun orzamento dun millón de euros
A Xunta lanza unha nova convocatoria de axudas para a construción de vivendas de alugueiro accesible, dotadas cun investimento de máis de 14,7 M€
Ábrese a primeira convocatoria dunha nova modalidade de promoción de vivendas protexidas de nova construción ou procedentes de rehabilitación con fondos propios da Xunta e un investimento autonómico de 7,2M€
A Xunta axudará este ano a 347 particulares a mellorar a imaxe exterior das súas vivendas e doutros bens
Por cuarto ano, o Instituto de Estudos do Territorio esgotou o orzamento dispoñible
A Xunta abriu as propostas económicas para a construción de 104 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, licitadas por preto de 22 M€
A mesa de contratación coñeceu as ofertas económicas para a construción de tres grupos de 46, 40 e 18 vivendas
A Xunta concedeu axudas á vivenda por importe de 286 millóns de euros entre 2021 e 2023
Os 286 millóns concedidos en axudas facilitaron o acceso á vivenda a preto de 13.600 familias e impulsaron a rehabilitación de preto de 36.000 vivendas existentes
A conselleira Martínez Allegue aborda co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, actuacións en materia de vivenda no municipio
A responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas trasladoulle ao rexedor a disposición da Xunta para impulsar a construción de vivendas nunha parcela cedida polo Concello
A Xunta adxudicará nos vindeiros días a redacción dos proxectos para construír 54 novas vivendas de promoción pública no Bertón, en Ferrol
Martínez Allegue detalla que 27 vivendas se acometerán na parcela 1 do polígono do Bertón, e as outras 27 vivendas se executarán na parcela 2
Rueda subliña o compromiso cunha Galicia plenamente integrada nunha España constitucional e nunha Europa forte e unida
Fai fincapé nunha xestión rigorosa que permite manter uns servizos públicos de calidade