Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.185 novas da área temática Cultura:

14/10/2025 | 13:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos visita o equipo da película ‘O pesadelo das vacas’ na súa rodaxe en Lalín

A Xunta de Galicia cofinancia este novo título da compañía Matriuska cunha achega de 280.000 euros a través da súa liña de subvencións á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos

14/10/2025 | 12:49 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta recibe máis de mil achegas no proceso aberto para actualizar o Plan de normalización da lingua

Destas propostas, máis de 300 proceden da caixa de correo virtual a través da que se fixo un chamamento á participación da cidadanía e que pecha mañá

13/10/2025 | 20:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos enxalza a calidade literaria das autoras galegas con recoñecementos dentro e fóra de Galicia

Salienta o número de Premios Nacionais a obras escritas por mulleres e na nosa lingua

13/10/2025 | 14:15 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta contribúe á programación cultural da provincia de Lugo con 45 citas nos escenarios da Rede Galega de Teatros e Auditorios

A carteleira do segundo semestre en Lugo cidade comeza esta semana no Auditorio Municipal Gustavo Freire coa estrea de ‘Ca-co-flex!’, de ALOMAIS Teatro, e a representación de ‘Os senteito’, o novo de Caramuxo Teatro

12/10/2025 | 11:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta adxudica 300.000 € en axudas aos traballos de preprodución de 14 próximas películas e series galegas

Publícase a resolución da concesión da convocatoria anual de subvencións ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais

10/10/2025 | 20:17 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra a exposición de Álvarez de Sotomayor da Fundación Barrié como “xusto recoñecemento ao pai da escola galega de pintura”

O representante do Goberno galego agradece o labor da institución na difusión de destacados artistas galegos, en referencia á anterior dedicada a Francisco Llorens

10/10/2025 | 17:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta potenciará a calidade e a innovación das ensinanzas artísticas en Galicia e a súa conexión co tecido produtivo a través do plan EDUC-ART

O plan, dotado con 10,4M€, ten vixencia ata 2030, abrangue máis de 30 medidas e oito liñas concretas de actuación

10/10/2025 | 15:48 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta leva a Zamora unha exposición para explorar a Vía da Prata a través de figuras imprescindibles da fotografía dos últimos 150 anos

‘A Vía da Prata. Aires do Sur’ reúne imaxes de fotógrafos clásicos como Nicolás Muller, Otto Wunderlich ou Jean Laurent, e contemporáneos como Ana Turbau, Carmenchu Alemán ou os Premios Nacionais Castro Prieto e Cristina García Rodero

10/10/2025 | 13:56 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta trae a Vigo unha nova edición do Festival de Maxia Galicia ilusiona’ con artistas internacionais

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, presentou este mediodía a iniciativa que ofrece cinco funcións esta fin de semana na cidade

10/10/2025 | 13:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

‘Nicasso’ chega ao Centro Galego de Arte Contemporánea para ofrecer unha mirada crítica sobre Picasso

A mostra, inaugurada hoxe, amosa a obra feita polo artista Carlos Pazos a partir de cerámica de Vallauris