Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 883 novas da área temática Emerxencias e interior:

17/01/2023 | 10:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza mañá o primeiro dos 11 cursos previstos este ano na AGASP para obter ou renovar a habilitación como persoal de control de acceso a espectáculos públicos

Os cursos de 6 horas na Academia Galega de Seguridade Pública adáptanse aos requisitos esixidos no novo decreto que regula a actividade que deben cumprir os controladores de acceso

16/01/2023 | 18:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá unha alerta vermella por temporal costeiro no litoral da Coruña

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 9 metros

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
 

16/01/2023 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por nevaradas nas zonas de montaña de Lugo e Ourense

Agárdanse acumulacións de neve en 24 horas de 20 centímetros por riba dos 800 metros de altitude e de ata 5 centímetros en altitudes entre os 300 e os 500 metros

16/01/2023 | 10:15 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 72 persoas por 52 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do xoves, 13 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 15 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 60 chamadas por accidentes de tráfico

14/01/2023 | 15:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego e por vento nas costas da Coruña e de Lugo

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 8 metros, e vento do oeste e suroeste que poderá acadar forza 9 ao norte de Fisterra

11/01/2023 | 15:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforzará este ano o equipamento de 13 GES da comunidade

O Goberno galego fará entrega de 6 furgonetas de servicios varios, 5 camións Bomba Rural Pesada (BRP) e 4 equipos de excarceración, entre outro material

11/01/2023 | 11:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña

Agárdanse ventos do suroeste de forza 7 e mar combinada con ondas de ata 6 metros no noroeste do litoral coruñés a partir das primeiras horas do xoves

09/01/2023 | 09:53 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 72 persoas por 57 accidentes de tráfico durante a Ponte dos Reis Magos

Desde as 15,00 horas do xoves, 5 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 8 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 72 chamadas por accidentes de tráfico

07/01/2023 | 11:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Agárdase mar combinado do noroeste con ondas de ata de 7 metros

06/01/2023 | 11:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña

Agárdanse ventos do suroeste de forza 7 no oeste do litoral coruñés desde esta tarde