Actualidade
Buscador de novas
Galicia acolle o primeiro curso da Green Gap Academy para promover a aposta polas infraestruturas verdes desde o ámbito local
A acción formativa desenvolvida ao abeiro do proxecto Green Gap, que contou con máis dun cento de inscritos, pretende dar ás entidades locais as ferramentas necesarias para fomentar os espazos verdes contribuíndo a restaurar a biodiversidade, renaturalizar distintas áreas e deseñar paisaxes resilientes
A Xunta exixe ao Goberno central máis certezas sobre a contaminación por nitratos antes de declarar zonas vulnerables
Neste momento aínda non existen evidencias suficientes de que a situación ecolóxica dos puntos analizados polo Executivo central se deba á actividade agrogandeira, que é o suposto no que serían de aplicación o real decreto sobre a protección das augas contra a contaminación difusa e a directiva comunitaria sobre a materia
Ángeles Vázquez e o alcalde de Guntín estudan a mellora da rede de abastecemento do municipio
Analizaron o proxecto municipal para mellorar o servizo de auga potable no núcleo de Guntín de Pallares, que contaría cun orzamento inicial de 400.000 euros para construír un depósito e a rede de tubaxes, pozos, arquetas e válvulas correspondente
A Xunta licita por 2,7 M€ a instalación dunha nova rede de control de calidade das augas en Galicia-Costa
Cun prazo de 8 meses, os traballos teñen como fin dotar á demarcación dun sistema que permite facer medicións en tempo real de varios parámetros e xerar alertas
A Xunta autoriza a repotenciación parcial do parque eólico Sotavento, nos concellos de Monfero e Xermade
O proxecto aprobado suporá o desmantelamento de parte das instalacións existentes así como a posterior colocación doutras novas coas que se pasará de 25 aeroxeradores a 21
Ángeles Vázquez subliña o potencial turístico dos 54 sendeiros azuis distinguidos en Galicia, que concentra un terzo das rutas galardoadas este ano en todo o país
Destaca os 32 recoñecementos outorgados pola Asociación de educación ambiental e do consumidor en Pontevedra, a provincia española con máis rutas azuis en 2025
A Xunta comezará en abril as obras para mellorar a eficiencia enerxética do Centro de interpretación do Parque do Invernadeiro, cun investimento de case 1,2 M€
Cun prazo de execución de 12 meses, o obxectivo é lograr que a edificación reduza en arredor dun 80% o seu consumo de enerxía procedente de fontes non renovables
A Xunta instalará nesta campaña 20.000 trampas para capturar raíñas en niños primarios no marco das medidas de choque fronte a vespa velutina
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou o éxito desta medida o ano pasado cando se puxo en marcha en modo de proba e permitiu reducir os avisos nun 46% coa captura de máis de 113.200 raíñas
Ángeles Vázquez e o alcalde de Muíños avalían vías de colaboración para mellorar os servizos de saneamento e abastecemento de auga no municipio
Analizaron os proxectos municipais tanto para mellorar a rede de tratamento de augas residuais como para construír depósitos de auga potable